Actualidade
Temática: Normalización Lingüística
Data de publicación: 10-08-2020
Acceso libre ata completar a capacidade
Achégase o cadro das actuacións que terán lugar No Verbum
Por mor da enfermidade do coronavirus é necesario cumprir certos protocolos (entre eles, usar máscara por todas as persoas que acudan á actividade).
Tamén é necesario que leven cuberta unha declaración xurada dos membros da UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA que estarán presentes na actuación.
Deben acudir á entrada do Verbum ás 12:00 para, POUCO A POUCO, poder ir acomodando nos seus asentos as unidades familiares e empezar a actividade á hora prevista.
PRÉGASE a máxima comprensión e colaboración coa organización para evitar posibles contaxios ou calquera outro imprevisto.
Cando remate a actividade, a saída do Verbum será tamén por unidade familiar, coa mesma orde na que entraron.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100