Praias

Praia de Ríos de dentro

Praia de Rios de Dentro:

Praia dividida en dúas pola presenza de instalacións de construción naval. Coñécense tamén coma Praia de Ríos-Rampla (ao leste) e Praia de Ríos-Pilón (oeste). É moi utilizada pola veciñanza do barrio de Ríos como lugar de encontro e reunión durante todo o ano, e na que varan as embarcacións tradicionais, nunha estampa típica do noso litoral. Conta cunha fonte, mesas e bancos de pedra e ducha.

  • Localización: Parroquia de Teis. Do peirao transversal da Etea cara ao leste.
  • Tamaño areal: 50 metros de longo por 9 metros de ancho.A parte superior contra a esttrada  presenta unha lousa regular de formigón para varar embarcacións pequeñas.
  • Como chegar:  Polo paseo do bordo litoral, dende praia da Lagoa. Tamén dende a Avda. Galicia, xirar e percorrer a Avda. da Marina Española. L-17 do bus urbano
  • Acceso ao areal: Rampla con  pouco desnivel en ámbolos extrremos.
  • Dotacións: Conta con fonte, pío (que lle da nome a unha das partes), mesas e bancos de pedra e ducha.
  • Posto da Cruz Vermella: Non ten
  • Liñas de autobuses urbanos: Liña 17 con parada final ao carón do areal.
  • Outras denominacións:
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100