Nas súas augas verde esmeralda, o actor Manquiña pasou os veráns máis ledos da súa infancia. Dende o areal ou as rochas, pódense contemplar os máis fermosos atardeceres coas Illas Cíes no horizonte.
- Localización: Parroquia de Teis.
- Tamaño areal: 19 metros de longo por 9 metros de ancho.
- Como chegar: Dende a travesía do Espiñeiro. Tamén polos dos sendeiros do bosque á beira da factoría Vulcano, ou bordeando o mar pola Lagoa.
- Acceso ao areal: Rampla de formigón
- Dotacións: Ducha e fonte, zona de sombra con bancos e dúas papeleiras
- Posto da Cruz Vermella: Non ten
- Liñas de autobuses urbanos: A liña máis próxima é a 17 con parada na rúa Enrique Lorenzo.
- Outras denominacións: