Espazo natural formado por unha das poucas praias que posúen un gran banco de ameixa de caste, e polas zonas verdes que a rodean que son froito dos recheos levados a cabo sobre o areal. Perfectamente comunicada con Ríos-Pilón e Ríos-Rampla, está separada da Punta polo espigón de Tiomeiras.
- Localización: Parroquia de Teis. Do peirao transversal da Etea cara ao oeste
- Tamaño areal: 86 metros de longo por 10 metros de ancho.
- Como chegar: a través da da Avda. da Mariña Española, a pé dende a Baixada a Ríos ou tamén a pé por medio de paseo peonil dende o areal da Punta.
- Acceso ao areal: A nivel do solo
- Dotacións: Bancos
- Posto da Cruz Vermella: Non ten
- Liñas de autobuses urbanos: A liña máis próxima é a 17 con parada na Avda. da Mariña Española.
- Outras denominacións: Tamén coñecida pola veciñanza coma Praia de Ríos-ETEA