Praias

Praia de Argazada

Bandeira azul

  • Incluída no Censo Oficial de zonas habilitadas para o baño
    • Localización: parroquia de Alcabre.
    • Tamaño do areal: 410 metros de longo por 20 metros de ancho
    • Como chegar: a través da avenida de Samil.
    • Accesos: 5 escaleiras e unha rampla distribuídas ao longo do areal.
    • Dotacións: aparcadoiros en liña ou en batería a ambos os lados da estrada. Todos os aparcadoiros están asfaltados. Existen 3 prazas para discapacitados. Dispón de 7 duchas, 10 fontes, 8 lavapés e servizos públicos, tamén para persoas con discapacidade. Conta cun total de 4 teléfonos públicos distribuídos en 2 cabinas ao longo do paseo. Ademais, ofrece no seu contorno unha importante zona verde, pista de patinaxe, monopatín e restaurantes.
    • Liñas de autobuses urbanos: L10 e C15A, C15B e C15C.
    • Outras denominacións: Areal da Argazada, Laxón ou Azul.
    • Calidade da auga: Última análise (Máis información).
     

    Concello de Vigo

    Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100