Escudo Concello de Vigo

Cultura

Servizos

  • Enderezo: Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2. 36202.Vigo
  • Teléfono: 986 22 64 59 – Fax 986226459
  •  Horario: Luns a venres: 9:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00 horas. Do 15 xuño ao 15 setembro: pechado polas tardes

 Condicións de accesibilidade: Accesible a discapacitados.

Servizo de consulta en sala:

  • A Biblioteca e o Arquivo da Fundación Penzol ofrecen un total de 30 postos de lectura para a consulta dos fondos bibliográficos e documentais. Estes postos poden ser utilizados tamén polos usuarios da Biblioteca Francisco Fernández del Riego.
  • O servizo de consulta é de acceso público. É imprescindible cubrir unha papeleta que se facilita na sala para consultar os fondos.

Servizo de Información Bibliográfica e Referencia proporciona información e asistencia sobre:

  • Horarios, servizos e normas da biblioteca e o arquivo Organización e localización dos fondos documentais
  • Funcionamento e manexo de buscas no catálogo bibliográfico e  na descrición arquivística.
  • Utilización e consulta das distintas bases de datos e doutras fontes de información.

Servizo de reprografía

Segundo establecen as normas, a biblioteca e o arquivo facilitarán a reprodución dos seus fondos coas restricións que impoñen a Lei de Propiedade Intelectual e as garantías de conservación do patrimonio bibliográfico e documental.

Normas de carácter xeral:

1ª.- As reproducións serán realizadas polo persoal do centro.

2ª.- Poderanse reproducir:

  • Ata un máximo do 10 % das monografías.
  • As publicacións posteriores a 1920.
  • As publicacións que non estean deterioradas ou que poidan sufrir coa súa manipulación

 3ª. - Calquera excepcionalidade sobre esta normativa será valorada polo personal responsable do centro e atendida previa entrega dos formularios de solicitude de reprodución de fondos bibliográficos e/ou arquivísticos.

Os fondos poderán ser reproducidos mediante:

  • Fotocopia en papel ou copia dixital a partir do orixinal.
  • Copia en papel ou copia dixital a partir de fondos previamente dixitalizados dispoñibles.
  • Fotografado dixital, previo orzamento dun profesional.

A Sala de consulta e lectura conta con fotocopiadora e lectores de obras dixitalizadas.

Os fondos anteriores a 1920 e aqueles outros de singular ou especial valor, só serán reproducibles en soporte dixital con marca de auga, mediante escaneado ou fotografado. Poderase solicitar saída impresa a partir da copia dixital.

TIPO DE REPRODUCIÓN DIN A-4 DIN A-3
Fotocopia branco e negro 0,10 0,15
Copia b/n en papel, procedente de formato dixital 0,20 0,25
CD unidade (copias aparte) 2
Copia dixitalizada dispoñible, cada imaxe 0,80
Copias dixitais non dispoñibles 1,50
Conforme orzamento de profesional Conforme orzamento de profesional

Formulario de Solicitude de reproducción

Formulario de Solicitude de Publicación

Política de privacidade

En cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación Penzol, coa finalidade de xestionar o servizo de información e de elaborar estatísticas. O interesado ou o seu representante legal poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación en calquera momento.

 A Fundación Penzol recoñece a necesidade de protexer a privacidade da información persoal que vostede nos proporciona, utilizando servidores seguros e firewalls, proporcionados polo equipos técnicos do Concello de Vigo. Asimesmo consideramos que é importante informarlle acerca de cómo utilizaremos os seus datos persoais.

Ao compartir a información relativa a súa persoa, vostede permítenos ofrecerlle varios beneficios.

  • Recibir invitacións sobre actividades culturais propias da Fundación Penzol.
  • Recibir información que se axuste aos seus intereses.

 Tamén nos permitirá atender os seus comentarios sobre a nosa páxina web e os nosos servizos e realizar estatísticas.

 A Fundación Penzol non subministrará os seus datos persoais a terceiros.

Se non desexa recibir información da Fundación Penzol risque o cadro do formulario de contacto.

Formulario de Contacto

Formulario Solicitude Xeral