Escudo Concello de Vigo

Cultura e arte

Igrexa de San Xurxo de Saiáns

  • Ano: A actual igrexa data de 1920
  • Localización: rúa Eira Vella

Igrexa de inspiración gótica na oxiva das fiestras e barroca no xogo de volumes e nalgúns detalles como a fornela.

A porta norte é a máis ornamentada, en contraste co resto da igrexa que é máis severa.

A peza máis importante é a espadana, articulada con liñas verticais que arrancan de tres molduras e cunha férrea cruz inscrita no medio.

No interior atópase unha bóveda sostida por arcos apuntados, a xogo cos vans, e sobre os pés tiña unha tribuna de madeira.

No altar maior hai un retablo que segue as pautas do gótico, presidido este por unha figura de San Xurxo, flanqueado pola virxe de Axuda e por San Rafael.