Escudo Concello de Vigo

Cultura e arte

Igrexa del Carmen

  • Arquitecto: Antonio Cominges
  • Ano: 1957
  • Localización: Paseo Padre Lorenzo, 2

Os terreos sobre os que se asenta a igrexa foron doados por dona Paula Gómez Curieses, nos anos 1936-1939. A primeira pedra foi colocada o 18 de marzo de 1951.

No interior da igrexa destacan a presenza dunhas vidreiras. Estas fóronlle encargadas á casa "Belga". Na vidreira lateral atópase a virxe da Consolación, a cal quedou destrozada por un vendaval. No altar maior represéntase a virxe do Carme entregando o escapulario a san Simón e, a outra, representa a Virxe do Carme e os náufragos do mar. En 1983 proponse instalar dúas novas vidreiras dedicadas aos santos Carmelitas Teresa, Xoán da Cruz e San Xosé, Santo Antonio e Santa Teresiña en conmemoración da celebración das Vodas de Ouro das Carmelitas en Vigo.

Na torre da fachada principal, atopamos a imaxe da Virxe, tallada en pedra. O seu peso aproximado é de 25 toneladas e 7 metros de altura. É obra do escultor vigués Raúl Comesaña. A obra da torre iníciase en 1962, para albergar a imaxe da Virxe.