Escudo Concello de Vigo

Cultura e arte

Igrexa da Soidade

  • Arquitecto: Antonio Cominges Tapias
  • Ano: 1957
  • Localización: Atalaia do Monte do Castro

Igrexa de estilo neoclasicista, inspirada na igrexa parisina da Magdalena de Bartolomé Vignon. Foi promovida por Leopoldo Eijo-Garay (Bispo de Madrid-Alcalá).

Templo próstilo de nave rectangular. Na fachada principal sitúase un pórtico tretástilo no cal están presentes todos os elementos da orde xónica. Na entrada principal mantense o sistema clásico e en cada ángulo do paramento frontal incorpórase unha pilastra xónica.