Escudo Concello de Vigo

Cultura e arte

Igrexa de Freixeiro

  • Localización: parroquia do Freixeiro

Igrexa dunha soa nave de planta rectangular. O presbiterio ten bóveda de pedra e os muros que sosteñen esta presentan unha serie de sepulcros.

A igrexa foi fundada por un fillo desta parroquia, Frei Francisco de Soutomaior, arcebispo das Charcas. O seu cadáver atópase depositado neste templo dende 1640, así como unha estatua orante deste. Os gastos de construción foron sufragados por el, para o cal deixou no seu testamento mil trescentos setenta e cinco pesos de a oito reais "para que sexan colocados nela os ósos dos nosos pais e antepasados".

Nun principio o tamaño da igrexa era suficiente para dar cabida aos pouco máis de sesenta veciños desta parroquia, pero co paso do tempo esta quedou pequena, malia que devagar a parroquia se foi segregando en favor doutras.