Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Preguntas frecuentes

As oficinas de Licenzas de Obras de Actividades responden nesta sección ás preguntas máis frecuentes, expostas por particulares, profesionais e promotores.

Para aclaracións ou consultas xenéricas escriba a: participa.licenzas@vigo.org

Para consultas específicas e particulares, acuda á Oficina de Información Urbanística ou solicite cita na oficina correspondente: Licenza de Obras ou Licenza de Actividades.

Listaxe de preguntas máis frecuentes

  1. Qué é unha licenza?
  2. Qué é unha comunicación previa?
  3. Unha vez realizada a comunicación previa, teño que esperar a recibir algunha resolución do concello autorizándome a iniciar a actividade ou a realizar as obras?
  4. Cales son os efectos da presentación dunha comunicación previa de inicio dunha actividade?
  5. Cales son os efectos da presentación dunha comunicación previa de obras?
  6. Qué actos están suxeitos a comunicación previa?
  7. Qué actos suxeitos a licenza están sometidos ao procedemento simplificado?
  8. Qué actos están suxeitos a licenza por procedemento ordinario?
  9. Como podo saber o estado de tramitación dunha licenza que solicitei?
  10. Qué actividades están suxeitas a comunicación previa?
  11. Qué documentación é obrigatorio presentar coa comunicación previa dunha actividade?
  12. Qué documentación debo presentar se teño que realizar obras de acondicionamento nun local para poder desenvolver unha actividade suxeita a autorización previa?
  13. Qué permisos debo solicitar para abrir un local comercial?
  14. Qué permisos debo solicitar para abrir unha cafetería o un restaurante cunha capacidade menor de 500 persoas?
  15. Qué documentación debo ter no local comercial durante o exercicio da actividade?
  16. Qué actividades necesitan informe do illamento acústico conseguido no local?
  17. Si un local xa conta cunha comunicación previa de actividade, cando debo presentar nova comunicación previa de inicio de actividade?
  18. Qué se considera unha reforma substancial dun local?
  19. Si vou facer reformas nun local, que normativa debo aplicar?
  20. Qué obras están suxeitas a comunicación previa?
  21. Qué obras menores están suxeitas a comunicación previa?
  22. Qué obras maiores están suxeitas a comunicación previa?
  23. En que consiste o procedemento simplificado?
  24. Qué documentación é obrigatorio presentar para solicitar unha licenza de obras de reforma dunha vivenda que modifiquen a distribución sen afectar a estrutura do edificio?
  25. Qué documentación é obrigatorio presentar para solicitar unha licenza de obras de restauración dunha fachada ou cambio de material de cuberta sen afección estrutural?
  26. Qué documentación é obrigatorio presentar para solicitar unha licenza de reparación puntual da estrutura dunha edificación?
  27. Qué documentación é obrigatorio presentar para solicitar unha licenza de peche de parcela (sen muros de contención)?
  28. Qué documentación é obrigatorio presentar para solicitar licenza para a instalación dun rótulo dun local comercial?
  29. Qué documentación é obrigatorio presentar para solicitar licenza para a instalación dun guindastre?
  30. Qué edificacións están en situación de fora de ordenación?

1. Qué é unha licenza?

As licenzas urbanísticas son os títulos administrativos regrados mediante os cales a Administración competente permite a execución material dos actos de edificación e uso do solo proxectados, logo da comprobación de que se axustan ao ordenamento urbanístico vixente e de que reúnen as condicións exixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade. Ten carácter previo á realización das obras.

2. Qué é unha comunicación previa?

Unha comunicación previa é un documento mediante o cal os interesados poñen en coñecemento da Administración Pública competente os seus datos identificativos e calquera outro dato relevante para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, conforme co establecido no artigo 69.2 daLei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

 

A comunicación previa en materia de urbanismo é o documento no que a persoa interesada pon en coñecemento da Administración municipal que reúne os requisitos para realizar un acto de transformación, construción, edificación e uso do solo ou do subsolo que non está suxeito a licenza municipal e, en todo caso, os que así se establezan nas leis.(Artigo 360 do Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia).

As comunicacións previas non constitúen unha autorización administrativa tácita, senón unicamente a transmisión da información correspondente para efectos do coñecemento municipal e posibilitar a intervención mediante o control posterior.

3. Unha vez realizada a comunicación previa, teño que esperar a recibir algunha resolución do concello autorizándome a iniciar a actividade ou a realizar as obras?

Nas comunicacións previas substitúese o control administrativo previo das licenzas por un control posterior, polo que, unha comunicación previa presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico do particular que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e, de ser o caso, para o inicio da obra ou instalación, e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

A persoa interesada, baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude. No caso da realización dunha obra a comunicación previa deberá realizarse cunha antelación de 15 días hábiles á data de inicio da obra.

(Artigo 25 da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e artigo 15 da Lei 2/2016 do solo de Galicia)

4. Cales son os efectos da presentación dunha comunicación previa de inicio dunha actividade?

As comunicacións previas de inicio de actividade constitúen título habilitante para o exercicio material da actividade desde o mesmo momento da súa presentación, non entanto o devandito efecto de habilitación, non prexulgará en modo algún a situación e o efectivo acomodo das condicións do establecemento á normativa aplicable, nin limitará o exercicio das potestades administrativas de comprobación, inspección, sanción, e en xeral de control que á administración en calquera orde, estatal, autonómico ou local, lle estean atribuídas polo ordenamento sectorial aplicable en cada caso.

As comunicacións previas non constitúen unha autorización administrativa tácita, senón unicamente a transmisión da información correspondente para efectos do coñecemento municipal e posibilitar a intervención mediante o control posterior.

(Artigo 25 da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e 12 do Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos)

5. Cales son os efectos da presentación dunha comunicación previa de obras?

Nas comunicacións previas de obras presentadas, o transcurso do prazo de quince días hábiles sen que o Concello declare completa a documentación presentada, ou requira a emenda das deficiencias que presente a documentación, non habilita para o inicio dos actos de uso de solo e subsolo se a comunicación presentada non cumpre con todos os requisitos esixidos pola normativa de aplicación.Requisitos que, o interesado na súa comunicación, manifesta que cumpre baixo a súa responsabilidade.

(Artigo 146.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia)

6. Qué actos están suxeitos a comunicación previa?

Estarán suxeitas a comunicación previa, de conformidade coa normativa que resulte de aplicación:

  • A instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial das incluídas no anexo 5 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
  • As obras de adaptación de locais para o desenvolvemento de actividades que non requiran de redacción dun proxecto de obra, de conformidade ca Lei de ordenación da edificación.
  • Cambios de titularidade das actividades . Para estes efectos non se consideran en vigor as actividades correspondentes aos locais nos que cesase a actividade por un período superior aos seis meses, nin as licenzas que teñan declaración expresa de caducidade. Neste caso deberá presentar nova comunicación previa de actividade.
  • Cambios de titularidade de licenzas de obras en curso de execución.
  • A realización de obras menores de menor entidade técnica consistentes en pequenas reparacións e obras de mantemento, relacionadas anexo 5 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
  • A realización de obras maiores, relacionadas anexo 5 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, que requiren a presentación dun proxecto técnico pero que de conformidade co artigo 142.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, non están suxeitas a licenza previa.
  • O inicio das obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística.
  • A instalación de grúas-torre para a execución de obras con licenza ou comunicación previa e co proxecto de execución presentado.
  • A instalación de estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público, agás daquelas que teñan impacto no patrimonio histórico-artístico ou no uso privativo e ocupación dos bens de dominio público ou, tratándose de instalacións de nova construción, teñan impacto en espazos naturais protexidos.

7. Qué actos suxeitos a licenza están sometidos ao procedemento simplificado?

Estarán suxeitas ao procedemento simplificado:

  • As obras de demolición, entendendo por estas aquelas que se realizan para facer desaparecer un edificio ou parte deste, agás as derivadas de resolucións de expedientes de restauración da legalidade urbanística.
  • Os muros de contención de terras, cando a súa altura sexa igual ou superior a metro e medio. (Os de menor altura están suxeitos a comunicación previa).

8. Qué actos están suxeitos a licenza por procedemento ordinario?

Quédarán suxeitas a licenza de obras por procedemento ordinario:

  • As obras de edificación que, consonte a Lei 38/99 de ordenación da Edificación, precisen de proxecto de obras de edificación: as obras de nova planta, as obras de ampliación e as obras de reforma que alteren a configuración arquitectónica dos edificios, entendendo por tales as que teñan carácter de intervención total ou as parciais que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio.Inclúense localización de casas prefabricadas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.
  • As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.
  • Os parcelamentos urbanísticos.
  • A primeira ocupación dos edificios.

Quédarán suxeitas a licenza por procedemento ordinario as seguintes actividades, de conformidade co artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia:

  • Espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
  • Espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de autorización.

9. Como podo saber o estado de tramitación dunha licenza que solicitei?

A través da carpeta cidadá.
Accédese dende a sede electrónica do Concello de Vigo, mediante o seu DNI electrónico ou outro certificado de firma electrónica ou ben solicitando un nome de usuario e contrasinal.

10. Qué actividades están suxeitas a comunicación previa?

Con carácter xeral están suxeitas ao trámite de comunicación previa a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, agás:

  1. Espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
  2. Espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de autorización.

11. Qué documentación é obrigatorio presentar coa comunicación previa dunha actividade

Pode consultar esa e outra información no seguinte enlace.

12. Qué documentación debo presentar se teño que realizar obras de acondicionamento nun local para poder desenvolver unha actividade suxeita a autorización previa?

Pode consultar esa e outra información no seguinte enlace.

13. Qué permisos debo solicitar para abrir un local comercial?

Se o local necesita obras de adaptación para poder exercer a actividade, deberá achegar comunicación previa de obras de adaptación de locais CP-002, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva e indicarase a data de inicio das obras. A comunicación deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao inicio da obra.

En locais situados en edificios catalogados, no caso de necesitar obras de adaptación no local, deberá solicitar licenza de obras de reforma comercial (edificios catalogados) OB-008, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva. Non poderá empezar as obra en tanto non acade a preceptiva licenza.

En ambos casos, unha vez realizadas a obras, deberá comunicar ao Concello a data de inicio da actividade mediante o impreso normalizado de comunicación previa de actividade CP-001, acompañado do preceptivo certificado de fin de obra das obras realizadas e o informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

No caso de actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, o informe do illamento acústico conseguido no local, deberá completarse co disposto ao respecto no artigo 15 da dita Ordenanza. Así mesmo disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas ou calquera, cuxa potencia sexa igual ou superior a 5 C.V. por instalación, que non superarán os niveis máximos permitidos no exterior e nas vivendas ou actividades lindeiras co local.

Non será obrigatorio achegar o informe de illamento no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que a actividade producirn un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza

En caso de que non sexan necesarias obras no local deberá comunicar ao Concello a data de inicio da actividade mediante o impreso normalizado de comunicación previa de actividade CP-001 ca documentación preceptiva que figura no reverso.

14. Qué permisos debo solicitar para abrir unha cafetería o un restaurante cunha capacidade menor de 500 persoas?

Se o local necesita obras de adaptación deberá achegar comunicación previa de obras de adaptación de locais CP-002, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva e indicarase a data de inicio das obras. A comunicación deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao inicio da obra.

En locais situados en edificios catalogados, no caso de necesitar obras de adaptación no local, deberá solicitar licenza de obras de reforma comercial (edificios catalogados) OB-008, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva. Non poderá empezar as obra en tanto non acade a preceptiva licenza.

En ambos casos, unha vez realizadas a obras, deberá comunicar ao Concello a data de inicio da actividade mediante o impreso normalizado de comunicación previa de actividade CP-001, acompañado do preceptivo certificado de fin de obra das obras realizadas. Xunto ca comunicación previa a persoa titular deberá presentar informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia que deberá completarse co disposto ao respecto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Así mesmo disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas ou calquera, cuxa potencia sexa igual ou superior a 5 C.V. por instalación, que non superarán os niveis máximos permitidos no exterior e nas vivendas ou actividades lindeiras co local.

15. Qué documentación debo ter no local comercial durante o exercicio da actividade ?

Durante o exercicio da actividade deberá contar no local, a disposición dos servizos de inspección municipais, cunha copia da comunicación presentada.

16. Qué actividades necesitan informe do illamento acústico conseguido no local?

Todas as actividades necesitan informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

Non será obrigatorio achegar o informe de illamento no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que a actividade producirá un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza.

No caso de actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, o informe do illamento acústico conseguido no local, deberá completarse co disposto ao respecto no artigo 15 da dita Ordenanza.

Así mesmo, disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas ou calquera, cuxa potencia sexa igual ou superior a 5 C.V. por instalación, que non superarán os niveis máximos permitidos no exterior e nas vivendas ou actividades lindeiras co local.

Actividades da Táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións:

Actividades nocturnas:

  1. Restaurantes (2.7.1), bares e café-bares (2.7.2), cafetarías (2.7.3), cibercafés, salóns ciber, e similares (2.6.6) e salóns de xogos, e recreativos (2.5.3 e 4)
  2. Cines tradicionais (1.1.1) e multicines (1.1.2), videotecas (2.1.5), salas dedicadas á celebración de cineclubs (2.1.10), casinos de xogo (2.5.1), salas de bingo (2.5.2) e similares.
  3. Pubs (2.6.4), bares, café-bares, restaurantes e semellantes, con música amplificada, así como boleiras.
  4. Teatros (1.2.1) e auditorios (1.2.3)
  5. Salas de festa (2.6.1), discotecas (2.6.2), salas de baile (2.6.3) e demais locais con música en directo ou canto en vivo.
  6. Panaderías e confeiterías con obrador.

Actividades diúrnas:

  1. Ximnasios, locais de aeróbic, escolas de danza e similares, con actividade só diúrna.
  2. Academias de música e locais de ensaio que impliquen aprendizaxe ou ensaio con instrumentos de música ou canto ao vivo e con actividade só diúrna.

17. Si un local xa conta cunha comunicación previa de actividade, cando debo presentar nova comunicación previa de inicio de actividade?

Será necesaria unha nova comunicación previa de inicio de actividade nos casos de modificación da clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

Todas as obras de reforma dos locais están suxeitas a comunicación previa de obras ou licenza previa.

18. Qué se considera unha reforma substancial dun local?

  •  Alteracións da superficie.
  •  
  •  Os incrementos do aforo teórico total establecido en función dos valores de densidade fixados polas normas de protección contra incendios.
  •  
  •  As redistribucións espaciais significativas tales como aumento de percorridos de evacuación, diminucións de altura nalgún punto do establecemento, alteracións que empeoren as condicións de accesibilidade ou eliminación de barreiras, ou cambio de uso nalgunhas dependencias, ou outras análogas.
  •  
  •  O aumento significativo da carga de lume no establecemento ou nalgunha das súas partes, de xeito que altere o nivel de risco do local de conformidade coa normativa de protección contra incendios.
  •  
  •  Calquera alteración que supoña un aumento do nivel sonoro máximo autorizado, unha diminución do illamento ou da protección contra incendios.
  •  
  •  Ampliacións ou modificacións das instalacións de electricidade, calefacción, refrixeración ou ventilación, salvo que se trate da substitución dun equipo por outro na mesma localización, de igual ou menor nivel sonoro ou potencia mecánica
  •  
  •  Calquera outra alteración, modificación, ampliación ou substitución de elementos que poida implicar o incumprimento das esixencias establecidas no título habilitante.

19. Si vou facer reformas nun local, que normativa debo aplicar?

Dependerá do alcance das obras e de si hai cambio do uso materializado do local:

Código Técnico da Edificación (CTE): de conformidade cos criterios básicos de aplicación de cada DB

  • Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade DB-SUA:
    • En obras de acondicionamento para a primeira implantación dunha actividade: aplicaráselle a todo o local.
    • En obras de reforma que manteñan o uso xa autorizado: aplicarase unicamente os elementos afectados pola reforma
    • En obras de reforma e cambio de uso: aplicaráselle a todo o local.
  • Documento Básico de Seguridade en caso de Incendio DB-SI:
    • En obras de acondicionamento para a primeira implantación dunha actividade: aplicaráselle a todo o local.
    • En obras de reforma que manteñan a actividade autorizada: aplicarase unicamente aos elementos afectados pola reforma, sempre que supoña unha maior adecuación as condicións de seguridade, cando a reforma non altera a ocupación nin a súa distribución con respecto aos elementos de evacuación.
    • En obras de reforma que alteran a ocupación o a súa distribución respecto aos elementos de evacuación, deberá aplicarse aos elementos afectados pola reforma e aos elementos de evacuación.
    • En comunicacións de inicio de actividade: Deberá cumprir a totalidade do local.

Regulamento de desenvolvemento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na C.A. de Galicia (D. 35/2000):

  • En obras de acondicionamento para a primeira implantación dunha actividade: aplicaráselle a todo o local.
  • En obras de reforma do uso autorizado que a afecten a menos do 20% do local non é de aplicación. En calquera caso non deben empeorarse as condicións de accesibilidade.
  • En obras de reforma do uso xa autorizado que afecten a mais do 20% do local: aplicaráselle a todo o local, segundo o nivel de accesibilidade establecido no regulamento.
  • En obras con cambio de uso aplicaráselle a todo o local, segundo o nivel de accesibilidade establecido no regulamento.

Ordenanza Municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións:

  • Deberá cumprirse para calquera actividade.

Condicións de uso do Plan Xeral vixente:

  • En obras de acondicionamento para a primeira implantación dunha actividade e nos cambios de uso: aplicaráselle a todo o local.
  • En obras de reforma con cambios de actividade dentro do mesmo uso, afectará aos elementos afectados pola reforma.
  • En comunicacións de inicio de actividade con cambio de actividade pero sen cambio de uso, nas que non son necesarias obras de reforma: as condicións xa autorizadas, se se manteñen as condicións de seguridade. (exemplo comunicación de inicio e actividade de venda de zapatos nun local que se dedicaba a venda de roupa).

20. Qué obras están suxeitas a comunicación previa?

Están suxeitas a comunicación previa a realización de obras menores de menor entidade técnica consistentes en pequenas reparacións e obras de mantemento, relacionadas anexo 5 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa e a realización de obras maiores, relacionadas anexo 5 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, que requiren a presentación dun proxecto técnico pero que de conformidade co artigo 142.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia non están suxeitas a licenza previa.

21. Qué obras menores están suxeitas a comunicación previa?

Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace

22. Qué obras maiores están suxeitas a comunicación previa?

Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace

23. En que consiste o procedemento simplificado?

A presentación da solicitude, coa documentación completa, de licenzas suxeitas ao procedemento simplificado, permite á persoa titular da mesma o inicio da actividade ou das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte da Xerencia de Urbanismo, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Nos casos nos que sexa necesaria a subsanación de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio ao procedemento ordinario, non operando os efectos do silencio administrativo unha vez transcorrido o prazo dun mes. Neste caso non se poderá iniciar a actividade ou realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.

24. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar obras de reforma dunha vivenda que modifiquen a distribución sen afectar a estrutura do edificio?

As obras de reforma interior dunha vivenda sen afectar a estrutura do edificio están suxeitas a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso, a cal inclúe un proxecto técnico da obra a realizar. Pode consultar a documentación necesaria no seguinte seguinte enlace

25. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar obras de restauración dunha fachada ou cambio de material de cuberta sen afección estrutural?

As obras restauración dunha fachada ou cambio de material de cuberta sen afección estrutural están suxeitas a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso, a cal inclúe un proxecto técnico da obra a realizar. Pode consultar a documentación necesaria no seguinte enlace

26. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar obras de reparación puntual da estrutura dunha edificación?

As obras reparación puntual, se non afectan ao conxunto do sistema estructural, están suxeitas a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso, a cal inclúe un proxecto técnico da obra a realizar.Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace

No caso de que as obras de reparación estrutural teñan un carácter parcial ou total deberá solicitar a correspondente licenza previa. Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace

27. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar un  peche de parcela (sen muros de contención)?

A construción dun peche de parcela, sen contención de terras, está suxeita a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso.Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace

No caso de que o peche inclúa muros de contención cunha altura igual ou superior a metro e medio deberá solicitar a correspondente licenza previa. Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace

28. Qué documentación é obrigatorio presentar para a instalación dun rótulo dun local comercial?

A instalación de rótulos nun local comercial está suxeita a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso.Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace

29. Qué documentación é obrigatorio presentar para a instalación dun guindastre?

A instalación de grúas ou guindastres está suxeita a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso.Pode consultar esta e outra información no seguinte  enlace

30. Qué edificacións están en situación de fora de ordenación?

Os edificios, construcións e instalacións existentes que resulten incompatibles coas determinacións do planeamento por estaren afectados por viais, zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos quedarán incursos no réxime de fóra de ordenación

Nestas construcións só poderán realizarse obras de conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente, debendo renunciar expresamente os propietarios ao incremento do valor expropiatorio.

Ademais este réxime será de aplicación no caso dos edificios, construcións e instalacións existentes en solo urbano non consolidado, en áreas de solo de núcleo rural nas cales se prevexan actuacións de carácter integral, no solo urbanizable e nos terreos afectados a sistemas xerais, mentres non estea aprobada definitivamente a ordenación detallada dos ditos ámbitos.

(Artigo 90 da Lei 2/2016 do solo de Galicia e artigo 205 do Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia)