- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Servizos Sociais
- CEDRO
- Metodoloxía
Servizos Sociais
Metodoloxía
A metodoloxía empregada nesta UAD baséase en ofrecer unha atención multidisciplinar coordinada, capaz de abordar o problema da drogodependencia dende a súa propia multidimensionalidade, combinando distintas intervencións terapéuticas sobre as áreas médica, psicolóxica e social.
En todos os casos, leva a cabo unha avaliación diagnóstica integral co obxecto de determinar as necesidades de intervención específicas en cada paciente e as prioridades á hora de establecer os obxectivos terapéuticos.
Trátase de ofrecer unha resposta adecuada, coordinando as intervencións sobre cada unha das áreas asistenciais, e axustada a cada unha das etapas diferenciadas do proceso terapéutico:
- Desintoxicación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia física.
- Deshabituación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia psicolóxica.
- Rehabilitación, ou proceso de mellora da autonomía funcional do paciente a nivel individual e social.
O resultado é unha ampla oferta asistencial que abarca desde as estratexias de diminución do dano ata os denominados programas de alta esixencia.
