Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Dispositivos Asistenciais

No que se refire ao aspecto asistencial específico, no centro CEDRO sitúanse dous dispositivos adscritos á Rede Asistencial do Plan de Galicia sobre Drogas:

  • Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD).
  • Unidade de Día (UD).

Os criterios xerais de funcionamento destes dispositivos axústanse ás directrices sobre programas e actividades asistenciais do PGD, respectando os termos do convenio vixente entre o Concello de Vigo e a Consellería de Sanidade.

Ponse a disposición dos usuarios demandantes de tratamento unha oferta diversificada de programas e actividades asistenciais que inclúe todos os programas e subprogramas contidos no Catálogo de Programas Asistenciais do PGD.

Ademais do anterior, complétase a actividade asistencial ambulatoria con programas de carácter preventivo e reinsertivo que se desenvolven en réxime de UD, con orientación cara á ocupación do lecer/tempo libre, á rehabilitación funcional e incorporación social dos nosos usuarios.