Xerencia Municipal de Urbanismo

Programa Realoxo Desafiuzados Hipotecarios

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou o programa para o realoxamento transitorio de desafiuzados hipotecarios e a afección ao mesmo das 7 vivendas de protección oficial de promoción pública de titularidade municipal situadas na Rúa As Teixugueiras 17, en Navia e que foran reservadas para colectivos especialmente desfavorecidos.

O obxecto deste programa: é acoller temporalmente (por un período máximo  de 2 anos) en vivendas de titularidade municipal a familias viguesas que se atopen en situación de necesidade por ser desafiuzadas da súa vivenda habitual como consecuencia dunha execución hipotecaria.

Os requisitos que deberán cumprir os interesados son os previstos no art. 2 do programa sendo principalmente os seguintes:

  • En canto á vivenda desafiuzada:
    • Deberá ser a vivenda habitual da unidade convivencial.
    • Debe atoparse no termo municipal de Vigo.
    • Que derive dunha hipoteca menor ou igual de 180.000 €.
    • Que o lanzamento se producise con posterioridade ao 01.01.2008.
  • En canto aos interesados:
    • Deberán estar empadroados en Vigo cunha antigüidade mínima de 1 ano.
    • Os ingresos da unidade convivencial menor ou igual a 1,5 veces o IPREM.
    • Que non teñan vivenda en propiedade (excluída a vivenda desafiuzada)

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende a publicación do anuncio do acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) no BOP e no Taboleiro de anuncios da XMU.

  • Inicio de plazo: 11 de xuño de 2013
  • Fin de plazo: 11 de xullo de 2013

Ficha informativa do programa:

  • Ficha informativa: Documento válido a efectos informativos. Contén as condicións, requisitos e documentación que se debe presentar para participar no programa.

Documentos relacionados:

Listado provisional:

A Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo en resolución de data 07/08/2013 aprobou o listado provisional de solicitudes de participación no Programa para o realoxamento transitorio de desafiuzados hipotecarios, ordenando a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Taboleiro Oficial de Anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

Os interesados disporán ata o próximo día 13 de setembro de 2013 para a emenda das súas solicitudes, presentando os documentos sinalados no Anexo que figura no devandito anuncio e que se insire a continuación. 

Listado definitivo de admitidos y excluídos:

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou en data 27/09/2013 aprobar o listaxe definitivo de admitidos e excluídos no Programa para o realoxamento transitorio de desafiuzados hipotecarios, ordenando a súa publicación no Taboleiro Oficial de Anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo e nesta páxina.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100