|
GA
Escudo Concello de Vigo

Tráfico y Transportes

Noticias de tráfico y seguridad

Lista de noticias

Noticias

12/01/2017. Caballero agradece a Marina Ledo, a primeira muller na Policía Local, o seu "traballo" pola cidade

Foto noticia
O alcalde recibiu hoxe xoves a Marina Ledo pola súa xubilación, unha "homenaxe persoal" e no nome da cidade "polos seus anos de traballo e por ese fito tan importante en prol da igualdade que foi ser a primeira muller na Policía Local de Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/01/2017. Caballero refrenda as "enormes posibilidades" do aeroporto tras crecer un 36% no 2016

Os últimos datos dispoñibles de viaxeiros -de xaneiro a novembro- revelan que o aeroporto de Vigo é o que máis crece no 2016 das principais terminais de España, dato "certamente alentador" que advirte das "enormes posibilidades" de Peinador. Para 2017, Vigo suma conexións directas con Edimburgo e Milán, xa a venda na web de Ryanair. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/01/2017. O rexedor participa na entrega de premios do concurso de postais de Vitrasa

Foto noticia
A undécima edición do concurso anual da concesionaria do transporte urbano de Vigo recibiu máis de 300 debuxos e os tres gañadores decorarán o interior de tres dos autobuses. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

15/12/2016. Caballero esixe á Xunta a posta en funcionamento do autobús ao aeroporto

O alcalde reclama a activación do convenio para que a Xunta subvencione un autobús ao aeroporto, tal e como fai en Santiago. O Concello enviou en setembro as observacións ao texto do convenio e aínda non obtivo resposta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/12/2016. O alcalde eloxia a Rutaescola, una acción para promover os camiños escolares seguros

Foto noticia
Abel Caballero eloxiou esta mañá de mércores o funcionamento dunha Rutaescola que permite aos alumnos de Primaria do Escultor Acuña acudir ao colexio camiñando e con seguridade viaria. Trátase dunha iniciativa que o Concello estudará estender a outros centros da cidade, dado o seu éxito. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/12/2016. O rexedor pedirá a Interior e á Dirección da Policía elevar a catalogación da Comisaría de Vigo-Redondela

Foto noticia
Abel Caballero estima "absolutamente inaceptable" a consideración actual do servizo xa que atende a 450.000 habitantes, polo que demandará o cambio ao Ministerio e á Dirección Xeral da Policía para ter mellores dotacións e atención.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

23/11/2016. O alcalde sinala que Vigo xa está adscrito ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

"Vigo fixo o que tiña que facer" asinando o convenio para incorporarse ao plan de transporte metropolitano da comunidade, apuntou Caballero, polo que no caso de desacordo das partes na súa posta en marcha, debe acudirse á vía contencioso-administrativa, tal e como recolle o convenio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

23/11/2016. A rúa García Olloqui terá tráfico restrinxido a autobuses e taxis a partir do 28 de novembro

O alcalde de Vigo anunciou esta mañá a reorganización do tráfico en García Olloqui, cumprindo un mandato xudicial que obriga ao Concello a tomar medidas sobre a insonorización acústica da circulación. Deste xeito, a partir do 28 de novembro o tráfico nesta rúa quedará restrinxido a autobuses e taxis. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/11/2016. O goberno municipal reforza as liñas C1 e C2 durante o Nadal

Co fin de facilitar o movemento da cidadanía ante a previsión de afluencia polas compras, as dúas liñas circulares ampliarán os servizos durante as fins de semana e os festivos. Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a clasificación de ofertas para as carrozas da Cabalgata de Nadal que este ano verá modificado o seu percorrido. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

15/11/2016. A Policía Local conta con 17 novos vehículos dotados coas últimas tecnoloxías

Foto noticia
A Policía Local contará desde hoxe martes con 17 novos vehículos, dos que 12 son patrulleiros dotados con carteis de led configurable para lendas de mensaxes, útiles nas intervencións policiais. Abel Caballero participou esta mañá na presentación desta nova frota na Praza do Rei, acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font. (Ver noticia en xornal.vigo.org)