Escudo Concello de Vigo

Patrimonio Histórico

Noticias de Patrimonio Histórico

Lista de noticias

Noticias

02/04/2013. Caballero anuncia a posta en valor dos novos vestixios romanos atopados en Toralla

Foto noticia
O alcalde indicou este martes que seis catas arqueolóxicas -acometidas previo á construción dun centro de interpretación da vila romana de Toralla- revelaron restos "de certa importancia" que o Concello quere descubrir e pór en valor, en "cooperación" coa Xunta de Galicia. A aparición obriga ao replantexamento do centro de interpretación previsto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

08/03/2013. O goberno de Vigo aproba o proxecto para liberar e revalorizar a muralla do Castro

O alcalde informou hoxe venres da decisión municipal de aprobar o proxecto para derrubar o antigo restaurante "El Castillo", no Monte do Castro, para liberar e revalorizar a fortaleza. No exterior, o Concello procederá ao axardinamento dos espazos hoxe ocupados polo establecemento de hostalería. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

01/03/2013. Feira, a mostra da artesanía viguesa e a ecoloxía será unha verbena

Foto noticia
O sábado 2 de marzo haberá no Casco Vello unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

26/02/2013. O goberno local exporá en primavera o proceso de rehabilitación do Casco Vello de Vigo

Segundo informou Abel Caballero, o Concello prepara para a primavera unha mostra sobre actuacións de rehabilitación e urbanización dos cascos históricos de Vigo e elaborará, xunto ao Colexio de Arquitectos, un libro de arquitectura urbana do Casco Vello vigués. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

01/02/2013. Feira, a mostra da artesanía e ecoloxía volve repleta de actividades ao Casco Vello

Foto noticia
O sábado 2 de febreiro haberá unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

18/01/2013. O Concello rotula o Casco Vello con 26 novas placas de bronce policromado

Foto noticia
O alcalde de Vigo presentou este venres as 26 novas placas coas que o Concello rotula moitas rúas do Casco Vello. Acompañado pola concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Caballero incluíu esta iniciativa dentro do proceso de rehabilitación que está a realizar nesta noble zona da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/01/2013. O Centro de Interpretación da villa romana de Toralla estará rematado a finais de ano

O alcalde avanzou hoxe venres a previsión de que o Centro de Recepción de Visitantes e de Interpretación da villa de Toralla esté rematado a finais deste ano. O goberno local deu luz verde a un proxecto de rehabilitación financiado cunha subvención do Ministerio de Cultura dun millón de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/01/2013. Mercado de Reis

O sábado 5 de xaneiro, FEIRA, convértese no mellor lugar para buscar o agasallo perfecto, produtos artesanais e ecolóxicos. Cestos, cerámica, bixutería, cantería, obxectos de madeira, metal, coiro, libros, xoguetes, artigos tanto para home como para muller, para os nenos, para os avós… (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Ayuntamiento de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100