- Inicio
- Servicios ciudad
- Montes, parques y jardines
- Noticias del servicio
Montes, parques y jardines
Noticias del servicio
Lista de noticias
- 26/03/2013: Técnicos forestais ratifican o bo estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso.
- 21/03/2013: O Concello celebra o Día Mundial da Árbore coa prantación de 130 unidades en Navia e Candeán.
- 12/03/2013: O Concello implica aos escolares na reprantación de 250 árbores na Avenida Castelao.
- 23/01/2013: Caballero anuncia a plantación de tres árbores por cada un afectado polo temporal.
- 15/01/2013: O Concello inicia a plantación de cen árbores en Coia coa participación de 300 escolares do barrio.
Noticias
-
26/03/2013. Técnicos forestais ratifican o bo estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso
- O alcalde avanzou hoxe martes que técnicos forestais que revisaron o estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso auguran alomenos outros cen anos de vida para esta árbore, coñedidos os resultados da tomografía que se lle acaba de practicar. Caballero anunciou que o Concello vai prantar gallos deste exemplar no vivieiro do Castro para, máis adiante, plantalos en zonas emblemáticas da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
21/03/2013. O Concello celebra o Día Mundial da Árbore coa prantación de 130 unidades en Navia e Candeán
- Repartidos entre a rúa Teixugueiras, en Navia, e o Parque Forestal do Vixiador de Candeán, o goberno local prantou hoxe xoves 130 árbores. Tal e como explicou o rexedor, este é o xeito co que o Concello de Vigo conmemora o Día Mundial da Árbore lanzando a menxase de que as árbores deben ocupar o seu sitio "porque produce unha grande satisfacción ver as rúas de Vigo cheas de árbores". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
12/03/2013. O Concello implica aos escolares na reprantación de 250 árbores na Avenida Castelao
- O alcalde achegouse hoxe martes a Coia para participar na reprantación de 150 árbores entre a rúa Grove e Tomás Paredes, unha cifra que hai que sumar a outros 100 que se prantaron no treito comprendido entre a Praza de América e a rúa Grove hai un par de meses. O acto simbólico contou hoxe mércores coa colaboración de 800 alumnos de educación especial e primaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
23/01/2013. Caballero anuncia a plantación de tres árbores por cada un afectado polo temporal
- O alcalde explicou este mércores que o temporal de vento e choiva dos últimos días derrubou alguns exemplares, singularmente no Castro e Samil, ante o que o Concello reporá cada un afectado con tres novas unidades, neste caso, 27 e 9 árbores respectivamente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
15/01/2013. O Concello inicia a plantación de cen árbores en Coia coa participación de 300 escolares do barrio
- Abel Caballero visitou este martes os traballos levados adiante por técnicos e máis de 300 alumnos e alumnas do Pintor Laxeiro, Escultor Acuña, Don Bosco e Illas Cíes. A replantación da Avenida de Castelao comeza de Praza América á rotonda do Alcampo, con 100 exemplares de 17 especies distintas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)