Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero

A Concellaría de Igualdade está desenvolvendo a campaña "Na Violencia de Xénero non hai tregua", co obxectivo de representar de xeito directo e efectiva a magnitude da traxedia que supón a Violencia contra as Mulleres. Iniciativa que pretende recordar á cidadanía que non se trata de tráxicos sucesos persoais e illados, senón dun grave problema social en cuxa erradicación debemos implicarnos todas e todos: participando activamente na denuncia de casos coñecidos, rexeitando toda clase de comportamentos violentos e participando na prevención desta a través das actividades e programas de educación para a igualdade.

-O Marcador Dixital instalado na confluencia das rúas Ronda de Don Bosco e Príncipe, recorda ás mulleres asasinadas por Violencia de Xénero, indicando o número de mulleres asasinadas en España e actualizándose cada vez que se produce unha nova vítima.

- Siluetas de Mulleres de cor branca e tamaño natural, instaladas na Lonxa do Concello desde maio do 2007. Cada silueta representa unha nova vítima, e, xuntas, representan un grave problema social.

- Dossier da "Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero": Arquivo en formato pdf no que se concretan as accións municipais e plans específicos, detállanse os servizos propios e recompila a lexislación vixente. (9 páxinas, 1,30 Mb).

- Díptico "Na Violencia de Xénero non hai tregua": Arquivo en formato pdf editado con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro, no que se informa á cidadanía das iniciativas municipais tomadas en contra da Violencia de Xénero.(2 páxinas, 0,52 Mb).

- Guía "Como actuar ante a Violencia de *Xénero": Arquivo en formato pdf, con información e pautas de actuación en caso de ser vítima de violencia de xénero. (24 páxinas, 3,11 Mb).