2024-03-18. O Concello organiza as xornadas formativas "As políticas públicas de Igualdade"
No marco da programación municipal polo Día Internacional da Muller 2024, as xornadas formativas ofrecen durante dous días un espazo de reflexión sobre as catro décadas de políticas públicas de igualdade en España e Galicia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-13. Dezaseis mulleres destacadas, protagonistas na rúa do Príncipe
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira da área de Igualdade, Laura Iglesias, xunto a integrantes do Consello Municipal da Muller presentaron este mércores as placas identificativas instaladas nos bancos da rúa do Príncipe que homenaxean "ás mulleres que nos constrúen\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-08. Vigo solidarízase o 8M con todas as mulleres do mundo
O Concello representou a multiculturalidade de feminismo con bandeiras e flores de todo o mundo. Ata a Porta do Sol achegouse o alcalde acompañado da tenente alcalde e delegada da área de Igualdade, Carmela Silva, e a concelleira Ana Laura Iglesias, que compareceron xunto ao Consello da Muller e persoas que sumáronse ao acto. No seu discurso, Silva amosou o seu apoio ás mulleres de países onde é difícil traballar pola igualdade por mor das guerras. "O movemento feminista vai cambiar o mundo", declarou. Pola súa banda, o alcalde sumouse ás reivindicacións en contra das violencias machistas e posicionouse en contra dos partidos políticos que rexeitan a igualdade ou son cómplices do machismo institucional. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-08. O Pleno do Consello Municipal da Muller de Vigo reivindica a loita feminista
A sesión plenaria celebrada este venres, 8 de marzo, foi o primeiro dos actos que organiza o Concello esta xornada na que o Halo se iluminará por primeira vez de violeta rendendo "tributo ao movemento feminista e pola igualdade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-02-28. O Concello convida á cidadanía a gozar da programación do 8M, Día Internacional da Muller
Baixo o lema "Libres, fortes e unidas por ti e por todas" o Concello e o Consello Municipal da Muller organizan entre o 5 e o 27 de marzo un abano amplo de actividades que van desde a formación ata o teatro, a maxia e os concertos, como o de Lontreira que terá lugar na Porta do Sol. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-02-20. Vigo comeza as actividades do 8M coa proxección de "Excluídas do paraíso" no MARCO
O alcalde sinala que "se pon de releve a importancia do Día Internacional da Muller e o proceso de igualdade no mundo" con esta e outras actividades que se desenvolverán o 8M. A proxección de "Excluídas do paraíso" será no Salón de Actos do MARCO o martes 5 de marzo ás 19 horas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-12-26. O goberno local dedica 142.000 euros ao desenvolvemento de políticas de Igualdade
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación da xestión e dinamización do Centro de Documentación e Recursos Feministas e da Casa das Mulleres para o período 2024-2025. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-11-30. O concerto de "Las Antonias" pecha os actos con motivo do 25N
Este sábado, 2 de decembro, finaliza o programa de actos organizado polo 25N co concerto de "Las Antonias", banda galega integrada por mulleres e nada no 2015. Terá lugar ás 20:00h no salón de actos do MARCO. A entrada será libre ata completar o aforo. O seu espectáculo "Boleros y otras delicias" versiona os clásicos boleros reinventando as súas letras e dándolles aires máis novos e humor. Elas mesmas defínense como "perfectas destripadoras de boleros e outras delicias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-11-27. Declaración Institucional polo 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"
En representación do Consello Municipal da Muller, María del Mar Ferrero Cuesta, da asociación \"Empresarias de Galicia", colectivo integrante do Consello leu no Pleno deste luns a declaración institucional con motivo da celebración do 25N (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-11-24. Xornadas formativas "O negacionismo é machismo"
O Concello organiza as xornadas formativas "O negacionismo é machismo", que se realizan os días 27 e 28 de novembro na sala de conferencias da sede Afundación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)