Xuventude
Desde a Concellaría de Xuventude traballamos para promover, apoiar e facilitar a realización das iniciativas do colectivo novo: artísticas, culturais, formativas, musicais, deportivas, de lecer...
Se tes unha idea e non sabes como levala a cabo, non te quedes só co proxecto: axudámosche a facelo realidade. Podemos apoiarte, a ti, ou ao teu grupo de amigas e amigos, ofrecendo gratuitamente: espazo para reunións e desenvolver actividades, asesoramento para a constitución de asociacións, información concreta para materializar o proxecto, trámites necesarios, procura de financiamento e axudas.
Podes utilizar o correo electrónico para solicitar cita e recibir información individualizada.
Para resolver calquera dúbida sobre a vida dunha asociación: como constituírse, estatutos, financiamiento, aspectos legais, subvencións e axudas.
Podes utilizar o correo electrónico para solicitar cita e recibir información individualizada.
Orientación, asesoramento, información e seguimento sobre o programa europeo XUVENTUDE para mozas e mozos de 18 a 25 anos interesados en participar no programa, que basicamente consiste en realizar un voluntariado nunha organización nun país estranxeiro.
Coñece o que necesitas saber para poder participar e aproveitar os recursos que che ofrece a Unión Europea.
Podes utilizar o correo electrónico para solicitar cita e recibir información individualizada.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100