|
GA
Escudo Concello de Vigo

Mayores

Noticias

Lista de noticias

Noticias

20/06/2019. O goberno municipal apoia con 185.000 euros a catro entidades sociais e un proxecto de cooperación en Siria

A Xunta de Goberno Local aprobou convenios con Afaga, Alborada, DOA e a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, ademais dunha subvención a Unicef para un programa de axuda en Siria, decisións de "profundo" contido social que "caracterizan" a actuación do Concello, en verbas do seu alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

13/06/2019. Preto do 80% dos votantes na enquisa prefiren que algúns areais e Balaídos sexan espazos libres de fume

As votacións rexistradas na páxina web do Concello van en aumento e xa son 32.412 os votos rexistrados sobre a posibilidade de que nalgúns areais se limite o consumo de tabaco. Así o avanzou Abel Caballero esta mañá, engadindo que preto do 80% dos votantes avogan por eliminar o fume dalgunhas praias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

29/05/2019. O goberno de Vigo aproba as bases para conceder axudas de libros e comedor escolar

A Xunta de Goberno Local aprobará as bases na súa sesión deste xoves, segundo avanzou hoxe mércores Abel Caballero. Desde a publicación da convocatoria no BOP, as solicitudes poderán presentarse durante vinte días hábiles. O Concello outorgou no curso que finaliza máis de 4.500 axudas, sen lista de agarda. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/05/2019. O Concello destina 180.000 euros en tres anos ao programa Vacacións en Paz

A Xunta de Goberno Local aprobará o convenio coa Asociación Galega do Pobo Saharauí para custear as viaxes a Vigo dos nenos dos campamentos de Tinduf en verán e tamén o convenio coa Federación de Libreiros de Galicia para o desenvolvemento das feiras do libro de Vigo 2019. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/05/2019. O prazo para solicitar as axudas municipais ás familias péchase este mércores

O Concello de Vigo recibiu xa un total de 2.277 solicitudes a falta de dous días para pechar o prazo de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministración e alimentos do ano 2019. O importe total da subvención supera os 1,6 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

06/05/2019. O Concello pon en marcha o programa Arrólate con 30 actividades para familias con bebés

Charlas, conferencias, coloquios, obradoiros e todo tipo de actividades relacionadas coa educación dos nenos comezarán o vindeiro 22 de maio. A entrada será libre e gratuíta pero é necesaria a inscrición. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

09/04/2019. Abel Caballero felicita a Afaga polo seu labor social no 25 aniversario da asociación

Foto noticia
O alcalde de Vigo valorou o traballo feito pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) ao longo da súa existencia. "Para nos é unha gran prioridade, queremos un mundo de dereitos, ten que haber un traballo desde o mundo da política para garantir o benestar das persoas", sinalou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

09/04/2019. Caballero, nas novas instalacións de Feafes en Vigo

Foto noticia
Saúde Mental Feafes Galicia vén de abrir hai unhas semanas a súa nova sede na rúa Aragón e hoxe recibiu a visita do alcalde de Vigo, Abel Caballero, convidado pola entidade. O rexedor destacou o "apoio" que esta Federación presta ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

05/04/2019. Aberto desde o luns o prazo para optar ás axudas municipais de vivenda, enerxía e alimentación

Foto noticia
Informou Abel Caballero que o Boletín Oficial da provincia publica na súa edición deste venres a convocatoria do programa, dotado de 1.640.000 euros. Desde o pasado martes o Concello está a concertar citas previas para comenzar a recoller as solicitudes a partir do luns 8 de abril e ata o 8 de maio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

02/04/2019. O Auditorio Municipal acolle o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo

Foto noticia
Vigo celebrou este martes o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo cun acto de visibilización no Auditorio Municipal do Concello de Vigo no que participou o alcalde. Alumnos do Colexio Menela compartiron as súas vivencias e tamén deuse lectura ao Manifesto do Día Mundial. O acto estivo amenizado con pezas musicais da Orquestra Castro Navás. (Ver noticia en xornal.vigo.org)