Escudo Concello de Vigo

Empleo Local

Noticias de Empleo

Lista de noticias

Noticias

20/05/2013. O Concello adica 50.000 euros á xeración de emprego apoiando a creación de empresas

Foto noticia
Segundo informou este luns o alcalde, o goberno local aprobou as bases e a convocatoria do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas, un total de 50.000 euros para subvencionar -cun máximo de 2.500 euros por empresa- parte dos gastos da posta en marcha e funcionamento dunha compañía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

08/04/2013. Caballero informa da concesión de 42.000 euros en subvencións para a creación de empresas

Foto noticia
Na última sesión da Xunta de Goberno Local, e como parte do Plan Municipal de Emprego, o alcalde de Vigo deu conta hoxe luns da aprobación dun total de 42.000 euros para "axudas municipais á creación de empresas". Caballero estimou en 3.800 os empregos creados pola acción do Concello o pasado ano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/04/2013. O rexedor entrega a 42 alumnos os diplomas da segunda fase do programa "Imos Traballar"

Foto noticia
42 alumnos do programa "Imos Traballar 2" veñen de recoller os seus diplomas logo dun periodo formativo remunerado que lles permitirá mellorar as súas perspectivas laborais. Cun orzamento de 1,7 millóns de euros, o obxectivo desta iniciativa é promover a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

27/03/2013. Convocatoria para o ano 2013 das bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego

(Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/03/2013. O Concello habilita 1,5 millóns de euros para subvencionar entidades sen ánimo de lucro que creen emprego

Entidades sen ánimo de lucro de Vigo poderán acceder a subvencións para o fomento de emprego, unha iniciativa á que o Concello adica preto de 1,5 millóns de euros. Ese foi un dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno local deste venres, na que tamén se adxudicou a contratación do servizo de mantemento e reparación dos contedores soterrados, por un importe de 101.757,03 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

11/03/2013. O programa Vigo Atende da traballo e formación durante 6 meses a 38 vigueses

Foto noticia
Un total de 38 vigueses participan no programa Vigo Atende, unha iniciativa de creación de emprego a través de cursos de formación. Cun orzamento de 380.000 euros, os beneficiarios asisten durante seis meses a obradoiros remunerados con tres posibilidades formativas: cociña, restaurante e bar e asistencia domiciliaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

08/03/2013. O Concello pon en marcha o Vigo Emprega, que xerará 210 postos de traballo este ano

210 persoas traballarán este ano durante seis meses ao amparo do programa de emprego municipal Vigo Emprega. Así o explicou o alcalde hoxe venres, logo da Xunta de Goberno local na que se aprobaron as bases deste plan, dotado cun 1,5 millóns de euros, para atender a persoas con especiais dificultades de inserción laboral. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/03/2013. Caballero ve "positiva" a proposta dos autónomos de realizar unha feira en Vigo

Foto noticia
O alcalde mantivo este mércores unha reunión coa Federación de Autónomos de Galicia, entidade que estuda Vigo como sede dunha feira no mes de abril do próximo ano, posiblemente a celebrarse cada ano. Abel Caballero indicou que hai "moitas posibilidades" de que se celebre na cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/02/2013. Caballero asegura que o Concello superará en 2013 os 3.600 empregos creados no pasado ano

Foto noticia
O alcalde fixou como obxectivo "superar" os 3.600 postos de traballo creados no 2012, entre directos e indirectos, pola acción do Concello, para o que as contas deste ano reservan 5,5 millóns de euros para Emprego, ademais dos investimentos. Caballero participou hoxe xoves na entrega de diplomas do "Vigo Laborando" (Ver noticia en xornal.vigo.org)

14/02/2013. O Concello incrementa en 2013 un 17% os recursos do Plan Municipal de Emprego

Foto noticia
Abel Caballero mantivo este xoves un encontro con algunhas das entidades que cooperaron co Concello de Vigo no desenvolvemento do Plan Municipal de Emprego do pasado ano, dotado con 2,4 millóns que en 2013 pasa a 2,8 millóns, un 16,6% máis. O orzamento municipal total de Emprego este ano suma 5,5 millóns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Ayuntamiento de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100