Escudo Concello de Vigo

Educación

Noticias de Educacion

Lista de noticias

Noticias

23/05/2013. Olga Alonso deixa a Concellería e se incorpora ao Consello Municipal de Educación

Santos Héctor é o novo concelleiro de Educación de Vigo, logo que Olga Alonso se vira obrigada a deixar o posto en cumprimento da sentenza do Constitucional que prohíbe os edis non electos. En todo caso, Alonso incorporarase ao Consello Municipal de Educación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

21/05/2013. IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar

Foto noticia
Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

16/05/2013. O Concello aporta 656.039 para financiar o comedor, as actividades extraescolares e as aulas matinais dos centros públicos

Foto noticia
O goberno local incrementou en 183.000 euros a subvención que reciben as Foanpas para sufragar gastos de comedor, actividades extraescolares e aulas matinais. En total, o importe da achega é de 656.039,31 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

09/05/2013. Conferencia "O contexto artístico de Emilio Fernández Rodal" na Escola de Artes e Oficios de Vigo

Foto noticia
Dentro das actividades complementarias da Exposición Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun artista vigués, que se exhibe, ata o día 6 de xuño, na sala de exposicións (Espazo EMAO) da Escola de Artes e Oficios de Vigo, Beatriz De San Ildefonso, conservadora da Museo de Pontevedra e especialista en pintura galega contemporánea, impartirá a conferencia titulada "O contexto artístico de Emilio Fernández Rodal: as claves da súa pintura". O acto terá lugar na Biblioteca da Escola de Artes o venres 10 de maio ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

24/04/2013. O Consello Escolar Municipal de Vigo recoñece ás figuras de Constancio Veiga e González e Jose Mª García Picher

Foto noticia
O pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo acordou ratificar un acordo que se adoptara no ano 2011 de facer un recoñecemento expreso ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e González e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

24/04/2013. O Consello Escolar Municipal de Vigo rexeita o proxecto de Decreto de comedores da Consellería de Educación

O Pleno do Consello Escola Municipal aprobou unha moción presentada por unha das súas comisións de traballo, a Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (18 votos) e co único voto en contra do representante da administración educativa competente. O texto insta ao goberno autonómico a facerse cargo de todos os comedores de centros públicos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

23/04/2013. O Concello de Vigo promove unha nova edición do IV CERTAME DE ARTE INFANTIL

Foto noticia
O Concello presenta unha nova edición do "IV Certame de Arte Infantil" para a promoción da creatividade na escola, que vai dirixido a toda a Comunidade Educativa da nosa cidade. Por cuarto ano consecutivo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos Colexios de Vigo poderán presentar os seus traballos máis creativos para participar neste Certame, que xa se consolidou como a gran festa da creatividade e a arte. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

23/04/2013. O pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo rexeita o anteproxecto de lei LOMCE

O pasado 18 de abril de 2013, reuniuse no Instituto Municipal de Educación en sesión plenaria o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Nesta sesión aprobouse unha moción presentada por unha das súas comisións de traballo, a Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (13 votos fronte a 2 en contra). (Ver noticia en xornal.vigo.org)

19/04/2013. Caballero asegura que "mentres sexa alcalde ningún neno de Vigo levará tupper ao colexio"

O Concello adicará o curso que ven 1,6 millóns de euros a bolsas de comedor e libros, una cantidade que, segundo explicou, suple o recorte de 200.000 euros acometido pola Xunta nesta materia. Durante a rolda de prensa, lembrou que no presente curso escolar, son preto de 4.000 escolares os beneficiarios dunha bolsa de comedor municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

18/04/2013. Exposición "Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun artista vigués"

Foto noticia
Esta é a primeira exposición retrospectiva que se lle realiza a Emilio Fernández Rodal en Vigo desde o seu finamento no ano 1972. A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo quere homenaxear así a creación artística dun notable retratista que iniciou a súa vocación nas aulas desta Escola e que non dubidou en devolverlle parte da súa inspiración, impartindo clases de debuxo e pintura ou recuperando, trinta anos despois, o Certame de artistas noveis neste mesmo centro. Na mostra exhíbense case medio centenar de obras pictóricas do autor e imaxes e documentación que ilustran o contexto social e cultural da súa creación e da súa época.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Ayuntamiento de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100