|
GA
Escudo Concello de Vigo

Cultura

Noticias de Cultura

Lista de noticias

Noticias

20/04/2018. Programación "Festival NAS ONDAS"

Foto noticia
A Concellería de Cultura colabora un ano máis co Conservatorio Superior de Música de Vigo para organizar o Festival da música e das artes "NAS ONDAS", que se desenvolverá nos meses de abril, maio e xuño, con distintos ciclos de programación de concertos e actividades: DE PIANO, SAXORNADAS, EXPLURART e ABRENTE. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

19/04/2018. O MARCO acollerá a exposición Xulio Verne. Os límites da imaxinación ata o 16 de setembro

Foto noticia
O alcalde participou esta mañá na inauguración de Xulio Verne. Os límites da imaxinación, unha mostra que permanecerá aberta no MARCO ata o próximo 16 de setembro. Na súa intervención, o alcalde lembrou que esta exposición chega a Vigo cando se cumpren 150 anos desde a achegada do capitán Nemo e do Nautilus á cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

18/04/2018. O Concello organiza en Teis unha nova ruta literaria con "Historias para coñecermos Vigo"

O escritor Francisco Castro, autor de "Barricadas de Sal", será o encargado de guiar este sábado aos participantes nunha nova ruta literaria polos barrios de Vigo. Enmarcada no proxecto "Historias para coñecermos Vigo", os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

13/04/2018. Cursos de pasamanería e cestería en colmo

Foto noticia
O Centro de Artesanía Tradicional -C.A.T.- programa para os meses de maio e xuño os cursos de "pasamanería" e " cestería en colmo". O prazo de inscrición remata o 20 de abril e realizarase no Museo Liste ( rúa Pastora,22) (Ver noticia en xornal.vigo.org)

13/04/2018. O Concello patrocina unha homenaxe a Pepe Longueira mañá sábado no Auditorio Municipal

O alcalde animou á cidade a acudir á homenaxe a Pepe Longueira organizada mañá sábado no Auditorio Municipal, ás 19,00 h, con entrada libre ata completar aforo. En rolda de prensa o alcalde eloxiou a capacidade creativa un compositor de música popular "excepcional".
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

12/04/2018. Abel Caballero invita á cidade a presenciar o VIII Encontro de Palilleiras Cidade de Vigo

Foto noticia
As responsables da Asociación Arte y Filigrana de Vigo presentaron co alcalde de Vigo este evento, que se celebrará no pavillón das Travesas este sábado, desde as 11 ata as 20 horas. Segundo explicaron na presentación, máis de 400 palilleiras de toda Galicia, Salamanca e Madrid daranse cita en Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

05/04/2018. O alcalde eloxia a "enorme calidade do V Certame de relatos Vigo Histórico"

Foto noticia
Abel Caballero participou esta mañá na presentación da V edición do Certame de relatos Vigo Históricos promovido pola Editorial Elvira coa colaboración municipal. O prazo para a recepción dos traballos comeza mañá 6 da abril e finalizará o 1 de xullo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

23/03/2018. Caballero eloxia a calidade das esculturas da Escola de Cantería da Deputación expostas na CEP

Foto noticia
O alcalde e a presidenta da Deputación participaron esta mañá na CEP na inauguración da exposición "Nado en pedra. Formas e figuras" da Escola de Canteiros da Deputación. Son 18 pezas de tamaño e temática variada que se poderán visitar ata o próximo 15 de maio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/03/2018. A banda mexicana Maná actuará en Castrelos o próximo 23 de xullo dentro de Vigo en festas

Caballero anunciou hoxe xoves que a actuación de Maná, o próximo 23 de xullo en Castrelos será outra das citas musicais programadas dentro de Vigo en festas. En declaracións aos medios, reiterou que a cidade contará este verán con dez grandes concertos entre os que tamén estarán Joan Manuel Serrat e Raphael. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

19/03/2018. O alcalde anima á participación no II Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo

Foto noticia
Abel Caballero presentou esta mañá a segunda edición do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo. Organizado pola Asociación de Música Clásica de Galicia, o certame se desenvolverá entre o 24 e o 28 de febreiro con participantes de 31 países (Ver noticia en xornal.vigo.org)