|
GA
Escudo Concello de Vigo

Bomberos

Noticias de bomberos y seguridad

Lista de noticias

Noticias

16/01/2018. O rexedor insiste na importancia de cumprir as normas de seguridade ao viaxar en transporte público

Foto noticia
O Concello e a empresa concesionaria do transporte público de Vigo están a desenvolver unha nova edición da campaña de prevención e asistencia aos viaxeiros. Co reparto de máis de 4.000 folletos informativos e os consellos de dous monitores, o obxectivo é concienciar aos usuarios da necesidade de viaxar correctamente no bus. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

15/01/2018. O goberno de Vigo estima repartir un total de 75.000 tarxetas PassVigo

Abel Caballero avanzou que esta semana se enviarán a domicilios unhas 40.000 PassVigo, na súa gran maioría para os usuarios das tarxetas verdes ordinarias do autobús urbano, co que o total previsto se achegará ás 75.000. Desde o 26 de decembro ata o 14 de xaneiro, 47.000 viaxes de bus foron abonados coa nova PassVigo (Ver noticia en xornal.vigo.org)

15/01/2018. O Concello inicia o deseño da nova vía verde de Vigo desde Teis ata Urzáiz

O alcalde amosouse este luns satisfeito pola decisión de ADIF de desafectar os terreos, paso previo á sinatura dun convenio que permitirá ao Concello habilitar unha senda verde na antiga vía do tren desde Teis ata Urzáiz. Caballero adiantou que o goberno que preside xa traballa no deseño para os catro quilómetros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

10/01/2018. Caballero subliña o "exemplar" da educación viaria do Concello nos colexios de Vigo

Foto noticia
O alcalde visitou este mércores o Colexio Mariano, onde axentes da Policía Local de Vigo imparten un curso de educación viaria aos escolares. Abel Caballero recordou que, cada ano, o Concello forma a miles de alumnos e alumnas durante o curso.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

10/01/2018. O rexedor traslada aos transportistas que a partir do 2 de febreiro non poderán circular camións por Sanjurjo Badía

Foto noticia
O alcalde informou a Asetranspo que ante a negativa da Xunta a reformar o acceso a AP-9 en Teis a parir do 2 de febreiro non poderán circular camións por Sanjurjo Badía. Así llo trasladou nun encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

10/01/2018. O alcalde urxe á Xunta de Galicia a reforma da estación de autobuses

A terminal de Vigo atópase nunha situación "lamentable", recordou Caballero, sen bancos, con escaleiras mecánicas que estiveron tres anos avariadas e con choiva no interior. O rexedor reclamou novamente á Xunta que "poña a estación de autobuses nas condicións nas que ten que estar a estación dunha cidade de 300.000 habitantes". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

10/01/2018. Vigo ofrece a Redondela acordar descontos para a utilización do bus urbano

O alcalde asegurou que está disposto a firmar de forma inmediata un acordo co seu homólogo redondelá para que os veciños poidan seguir utilizando a Tarxeta Verde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/01/2018. O rexedor felicita aos gañadores do concurso de postais de Vitrasa

Foto noticia
Abel Caballero entregou este xoves os premios da décimo segunda edición deste certame no que participaron 400 nenas e nenos de centros de educación primaria de Vigo. As creacións seleccionadas servirán para ilustrar as postais de Nadal da empresa e quedarán plasmadas nun vinilo no interior de tres autobuses urbanos para que poidan admiralas todos os usuarios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

03/01/2018. O rexedor afirma que "xa tivemos unha infinita paciencia" e a partir de febreiro os camións non poderán pasar por Teis

Abel Caballero asegura que despois de dous anos esperando é imprescindible que a Xunta faga algún xesto para construír os accesos e converter o tramo en urbano (Ver noticia en xornal.vigo.org)

02/01/2018. O alcalde trasladará a Asetranspo a limitación "extrema" da circulación de camións por Teis

A decisión chega logo de "dous anos advertindo á Xunta e ao Ministerio" sobre a necesidade de acceder á autoestrada desde Bos Aires. Segundo Caballero, nestes momentos están autorizados a circular por Sanjurjo Badía 800 camións de 120 empresas que "rompen a cidade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)