|
GA
Escudo Concello de Vigo

Servicios Sociales

Subvenciones FSE

xunta_flag UE_flag logo Ayuntamiento de Vigo
Xacobeo 2021 Galicia

Programa de Promoción e desenvolvemento persoal de mulleres perceptoras de RISGA

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

Dende a perspectiva da Psicoloxía Positiva o proxecto establece como obxectivo xeral a promoción e desenvolvemento persoal acadando unha maior conciencia persoal e control dende o punto de vista cognitivo, emocional, e comportamental.

No proxecto programarase as sesións para a adquisición e potenciación de destrezas facilitadoras da saúde e protectoras ante factores psicosociais de risco.

As técnicas que se desenvolverán ao longo das sesións serán:

  • Relaxación progresiva
  • Identificación e cambio de pensamentos automáticos negativos
  • Técnica de solución de problemas
  • Comunicación asertiva

Total concedido 2019: 0€

Total concedido 2020: 18.617,28€

Total concedido 2021: 10.845,65.79€

Programa de Inclusión Sociolaboral de persoas perceptoras de RISGA do CMSS de COIA

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

Tratase de establecer obxectivos e accións encamiñadas á superación de dificultades persoais, formativas e laborais; tendo en conta a perspectiva de xénero no relativo a elección e deseño do itinerario formativo laboral, o acceso ao mercado de traballo e o establecemento de mecanismos de conciliación.

O programa ten coma obxectivo xeral proporcionar mecanismos e ferramentas para a integración sociolaboral plena das persoas perceptoras da RISGA, residentes na zona atendida polo CMSS de Coia do Concello de Vigo con baixos perfís profesionais e aqueles que acadaran unha cualificación profesional recente e precisan apoio no acceso ao mercado de traballo.

Para o seu desenvolvemento establécese, de acordo coa persoa, un itinerario personalizado de inserción; no cal terase en conta as particularidades e necesidades específicas de cada colectivo así coma as características e fraquezas das persoas en función da súa situación persoal e familiar.

Total concedido 2019: 0€

Total concedido 2020: 26.064,19€

Total concedido 2021: 15.204,11€

Programa de Inclusión Sociolaboral de persoas perceptoras de RISGA e menores de 30 anos do CMSS R.ATIENZA

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

O proxecto ten como obxectivo xeral mellorar as competencias e capacidades persoais para a inclusión social d@s menores de 30 anos perceptores de Risga do CMSS de R. Atienza.

Desenvólvese a través de itinerarios personalizados acordados coa persoa, que se levan a cabo mediante diferentes técnicas( entrevistas personalizadas e grupos de traballo, etc).

Aplícase transversalmente nas accións realizadas a perspectiva de xénero.

Total concedido 2019: 0€

Total concedido 2020: 1.905,02€

Total concedido 2021: 0€

Programa asesoramento técnico especializado para persoas estranxeiras

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

O programa afronta a necesidade que ten a poboación estranxeira de Vigo de recibiren información e asesoramento xurídico especializado nas distintas situacións xurídicas en que poden atoparse ao respecto da lexislación de estranxeiría.

Ademais se presta información sobre os dereitos e obrigas como cidadáns, poñendo en valor o rol e función da muller e propiciar a integración social e económica das persoas inmigrantes que viven en vigo, garantindo a igualdade de oportunidades de todas elas.

Atendendo á perspectiva de xénero, empoderizando o papel fundamental da muller cun papel activo no feito migratorio e non como axente secundario (promovendo a igualdade de oportunidades entre ambos sexos).

Total concedido 2019: 2.424,58€

Total concedido 2020: 25.458,05€

Total concedido 2021: 15.759,74€

Programa de mediación intercultural

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

Ten como obxectivo xeral: Desenvolver unha intervención baseada nos principios da interculturalidade e a mediación promovendo novas relacións de convivencia construtiva e transformadora.

Os seus obxectivos específicos son:

  • Apoiar aos diferentes profesionais e institucións na busca de respostas aos problemas que se presentan en contextos de diversidade cultural.
  • Apoiar e acompañar, cando proceda, o acceso dos/as cidadáns/ás aos recursos públicos e privados, promovendo autonomía no exercicio dos seus dereitos e obrigas.

O programa presenta unha liña xeral de intervención, estruturada en tres eixos de intervención: apoio aos profesionais e institucións; participación social e cidadá e convivencia intercultural. E unha liña transversal onde se sitúa a prevención e xestión das tensións, conflitos e malentendidos e unha liña de apoio ás familias migrantes.

Total concedido 2019: 2.466,82€

Total concedido 2020: 30.353,40€

Total concedido 2021: 17.209,90€

Programa básico de inclusión activa para personas sen fogar

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

Este programa vai dirixido a mulleres e homes, en situación de risco ou exclusión social, desenvolvendo itinerarios de inclusión, dirixidos a mellora de oportunidades de axuste persoal, de búsqueda activa de vivenda é emprego; a través da realización de plans de atención individualizada,

Obxectivo/s xeral/xerais :

Favorecer as oportunidades de axuste persoal, , e a incorporación sociolaboral, e consecución dunha vivenda estable para ás persoas en situación de exclusión social severa.

No caso das mulleres, estar en situación de exclusión social, supón distintos graos e formas de discriminación comunitaria, que hai que abordar dende unha dobre perspectiva de exclusión; por un lado facilitando e fomentando a igualdade de oportunidades, paliando a situación de desfavorecemento á que se ven sometidas polo feito de ser mulleres, e, por outro, a través de valoracións baseadas en variables non relacionadas co sexo.

Total concedido 2019: 3.442,03€

Total concedido 2020: 37.884,00€

Total concedido 2021: 20.652,19€

Obradoiros de reforzo educativo

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

Obxectivos xerais:

  1. Evitar a exclusión social das/os menores, artellando unha intervención interdisciplinar que favoreza procesos normalizadores.
  2. Abordar situacións problemáticas dende unha intervención preventiva.
  3. Ofrecer un recurso adaptado ás novas necesidades das familias traballadoras ou con cargas familiares e promocionar e fomentar a igualdade social e de xénero

Obxectivos específicos:

  1. Afianzar e ampliar o aprendizaxe das competencias básicas e mellorar o rendemento escolar.
  2. Fomentar competencias de organización, planificación e desenvolvemento no estudo e no desempeño das tarefas educativas.
  3. Desenvolver habilidades sociais que melloren a súa inclusión escolar e social.

Total concedido 2019: 3.419,97€

Total concedido 2020: 43.440,32€

Total concedido 2021: 25.331,77€

Programa socioeducativo e de apoio familiar

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

"El FSE Invierte en tu futuro"

Este programa concíbese como un servizo educativo e psicosocial de prevención e apoio personalizado, dirixido ás familias, especialmente a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade. Ten como finalidade a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades.

Obxectivos xerais:

  • Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se desenvolven as persoas.
  • Fomentar a autonomía e a integración no contorno de todas as familias, garantindo o respecto aos seus dereitos.
  • Promover e dinamizar redes comunitarias de apoio e axuda mutua ás familias, favorecendo a prevención de situacións de risco e dificultade sociofamiliar.

Obxectivos específicos:

  • Promover a adquisición de competencias e capacidades das familias para un axeitado desenvolvemento das súas funcións parenterais, educativas, de crianza e socialización.
  • Facilitar alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos ás familias.
  • Promover espazos de encontro de pais e nais.
  • Previr, detectar e atender situacións e familias de elevada vulnerabilidade: infancia en alto risco social, dinámicas de violencia intrafamiliar e familias en situación de exclusión social.

Total concedido 2019: 0€

Total concedido 2020: 37.234,56€

Total concedido 2021: 21.712,94€