- Inicio
- Servicios Ciudadanía
- Servicios Sociales
- Noticias de Benestar Social
Servicios Sociales
Noticias de Benestar Social
Lista de noticias
- 16/05/2013: O Concello duplicou a axuda a AFAN desde o ano pasado cunha aportación de 55.000 euros.
- 14/05/2013: Caballero eloxia o traballo de APAMP na súa visita ao novo centro da entidade en Navia.
- 14/05/2013: O alcalde insta á Xunta a asumir as súas competencias no tratamento asistencial contra as drogas.
- 06/05/2013: Caballero eloxia o traballo da Fundación Menela coa que o Concello colabora coa cesión de instalacións e 15.000 euros.
- 03/05/2013: O goberno de Vigo elaborará unha ordenanza de accesibilidade para que sirva como "modelo para toda España".
- 03/05/2013: Caballero di que o Concello é a administración que máis recursos adica a políticas sociais contra a crise de toda España.
- 25/04/2013: O goberno municipal adica un millón de euros á atención das drogodependencias en Vigo.
- 25/04/2013: Vigo adhiérese a un convenio que facilitará vivendas de entidades bancarias a persoas vítimas de desafiuzamentos.
- 23/04/2013: O alcalde eloxia a loita pola igualdade de dereitos da ONCE no 75 aniversario da súa creación.
- 16/04/2013: O alcalde indica que "profesionais de altísimo prestixio" preparan a celebración en Vigo dun Congreso de Saúde Mental e Adiccións.
Noticias
-
16/05/2013. O Concello duplicou a axuda a AFAN desde o ano pasado cunha aportación de 55.000 euros
- O alcalde de Vigo resaltou hoxe xoves que o Concello de Vigo aporta máis recursos a AFAN que Xunta, Deputación e Parlamento de Galicia xuntas. Así o apuntou durante unha rolda de prensa na que tamén sinalou que a subvención municipal pasou de 22.000 euros no 2012, a 55.000 euros este ano, o que supón un incremento dun 120%. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
14/05/2013. Caballero eloxia o traballo de APAMP na súa visita ao novo centro da entidade en Navia
- O alcalde de Vigo visitou este martes o centro que a Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral ten en Navia. Abel Caballero salientou o traballo que realiza APAMP e indicou que esta sede está chamada a converterse no gran centro do sur de Galicia para os usuarios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
14/05/2013. O alcalde insta á Xunta a asumir as súas competencias no tratamento asistencial contra as drogas
- O goberno local deu luz verde ao prego de condicións para o concurso público da contratación do servizo sanitario asistencial de Cedro, cun importe de 673.913,81 euros. Así o explicou hoxe martes o rexedor nunha comparecencia na que tamén instou á Xunta a asumir o custo total do tratamento médico da drogadicción, cun importe que ascende a 1,5 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
06/05/2013. Caballero eloxia o traballo da Fundación Menela coa que o Concello colabora coa cesión de instalacións e 15.000 euros
- O alcalde achegouse hoxe luns ata as instalacións do Centro de Educación Especial Menela, que traballa con nenos e nenas con autismo. Caballero reiterou a súa vocación de seguir a cooperar una entidade que fai un traballo "exepcional" á que na actualidade lle cede o pavillón de Coia para realizar actividades de educación física, ademais do convenio para a posta en marcha do Programa Respiro Familiar, dotado de 15.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
03/05/2013. O goberno de Vigo elaborará unha ordenanza de accesibilidade para que sirva como "modelo para toda España"
- O alcalde, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión cos responsables da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) tras a que anunciou a elaboración, conxuntamente coa entidade, dunha nova ordenanza de accesibilidade chamada a ser referencial a nivel estatal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
03/05/2013. Caballero di que o Concello é a administración que máis recursos adica a políticas sociais contra a crise de toda España
- O alcalde sinalou hoxe venres ao Concello de Vigo como a administración española que máis recursos adica a políticas sociais para paliar os efectos da crise. Así o explicou durante a rolda de prensa na que deu conta da sintaura dun convenio con Foanpas por 656.039 euros. En total, avanzou, o goberno local adica 1,7 millóns de euros bolsas de comedor e libros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
25/04/2013. O goberno municipal adica un millón de euros á atención das drogodependencias en Vigo
- Abel Caballero cifrou nun millón de euros a aportación municipal ao Plan Local de Drogas, dos que 70.000 se adican a prevención e o resto a tratamento asistencial. En rolda de presa, criticou que a Xunta de Galicia eliminara a súas achegas para traballos de prevención, pasando de 100.000 euros en 2011 a 0 euros nos anos seguintes. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
25/04/2013. Vigo adhiérese a un convenio que facilitará vivendas de entidades bancarias a persoas vítimas de desafiuzamentos
- A Xunta de Goberno local aprobará mañá venres a adhesión a un convenio estatal para a creación dun fondo social de vivenda para persoas desafiuzadas. En España, serán 5.891 as vivendas que se ofrezan en aluguer, en Vigo son 7 e en Galicia, 114. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
23/04/2013. O alcalde eloxia a loita pola igualdade de dereitos da ONCE no 75 aniversario da súa creación
- Abel Caballero tendeu a man aos reponsables da Fundación ONCE en Vigo para proseguir "nunha cooperación que nunca remata". Logo de louvar a loita pola igualdade de dereitos desta organización, leu un poema de Rosalía de Castro, nun acto no que tamén se conmemoraba o día do Libro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
16/04/2013. O alcalde indica que "profesionais de altísimo prestixio" preparan a celebración en Vigo dun Congreso de Saúde Mental e Adiccións
- Abel Caballero mantivo este martes unha reunión co comité organizador do encontro luso-galaico sobre adiccións no século XXI, uns 20 profesionais "de altísimo prestixio" que traballan na constitución dos comités e barallan organizar o seu primeiro congreso en febreiro de 2015, en Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)