- Inicio
- Servizos cidade
- Xerencia Municipal de Urbanismo
- Oficina de Rehabilitación
Oficina Municipal Xestora da Rehabilitación da Vivienda
- Enderezo: Praza da Princesa 7, 1º. 36202 Vigo.
- Teléfono: 986 442 560
- Fax: 986 442 561
- Email: urb.rehabilitacion@vigo.org
- Web: www.vigo.org/rehabilitacion
- Horario atención: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
A Oficina de Rehabilitación está encargada de tramitar as axudas establecidas e comprometidas para a posta en valor dos ámbitos históricos da cidade. Suxire intervencións nos espazos públicos, alicientes que se valoran para xerar novas intervencións nas áreas da cidade.
O equipo da oficina é un apoio constante en todo o proceso de rehabilitación pola súa capacitación técnica, o asesoramento e a proximidade á cidadanía e residentes, tanto do Casco Vello como do barrio histórico de Bouzas. Informa ademais doutras posibles axudas compatibles, para xerar máis apoios que poñan en valor os edificios destas áreas.
Servizos que se prestan
- Asesoramento técnico.
- Información de axudas dos distintos plans de vivenda.
- Información das axudas compatibles dentro do ámbito:
- Conxuntos históricos,
- Patrimonio histórico municipal,
- Consorcio do Casco Vello,
- INEGA, etc...
- Posibles liñas de financiamento.
- Visitas técnicas previas a intervención.
- Supervisión de orzamentos.
- Suxestións de intervención óptima nos inmobles.
- Seguimento de licenzas solicitadas.
- Redacción de proxectos para a obtención de licenzas de obras menores.
- Documentación dispoñible a disposición dos técnicos encargados da redacción de proxectos de obras maiores.
- Estreita colaboración cos propietarios e propietarias.
- Colaboración con servizos sociais en casos de insolvencia.
Normativa reguladora
Documentos e planos en formato pdf.
Área PEPRI Casco Vello. Plano de delimitación da área de rehabilitación do Casco Vello. (1 páxina, 407 KB)
Área PEPRI Bouzas. Plano de delimitación da área de rehabilitación do barrio histórico de Bouzas. (1 página, 630 KB)
Ordenanza municipal reguladora das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación do centro histórico do Casco Vello e da área de rehabilitación integral do Barrio Histórico de Bouzas. Aprobada definitivamente polo Pleno do Concello o día 6 de setembro de 2010, publicada no BOP de Pontevedra o 24 de septembro de 2010. (10 páxinas, 110Kb, versión en galego).
Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE). BOP de Pontevedra do 17.11.2010. Ordenanza que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2011. (18 páxinas, 1.25 MB, versión en galego)

