Servizos Sociais

Política de Calidade

A nivel organizativo, destacamos a implicación de todo o persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo “CEDRO” nun programa interno de mellora de calidade, desenvolvido de forma continuada desde 2003 sobre a base dunha supervisión externa do equipo, por parte dun especialista alleo ao servizo. Esta acción contribuíu de xeito decisivo a conformar a actual repartición de roles entre os profesionais do centro, os mecanismos de organización e coordinación, os protocolos de actuación e, en definitiva, a conseguir unha notable mellora na satisfacción do persoal, dos procesos, e dos usuarios.

Seguindo esta liña de compromiso coa calidade, no ano 2008 CEDRO inicia o desenvolvemento do modelo EFQM de excelencia na xestión. O primeiro paso consiste nun proceso de formación previa no modelo a cargo do licenciatario do EFQM (representado polo Club Excelencia en Xestión) en España , e dunha fase de autoevaluacion realizada por 4 profesionais do servizo, mediante a ferramenta “PERFIL”, e diversas reunións de consenso cos técnicos do licenciatario para verificar que as avaliacións realizadas foron suficientemente contrastadas coa realidade do servizo.

Finalizado o proceso de autoevaluacion e as reunións de consenso, o licenciatario do EFQM en España emite o informe de autoevaluacion que confirma a aproximación da nosa unidade á cultura de “planificación-acción-revisión” alcanzando así, o primeiro nivel de “Compromiso de Calidade Europea” (de acordo á terminología do Selo de Excelencia).

Nestes momentos, estamos na última fase do proceso, que consiste na visita do consultor acreditado para supervisar a organización da documentación necesaria para completar o proceso de solicitude do selo de calidade e nunha entrevista co auditor externo designado polo Club Excelencia en Xestión, quen debe certificar o cumprimento das condicións necesarias para a expedición do Selo de Calidade Europeo EFQM.

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100