Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición: A cultura Africana

Ata o 20-03-2020

Verbum, avenida de Samil, 17.

Horario:

De martes a venres: de 17 a 20 horas.

Sábados, domingos e festivos: de 12 a 14 horas.

A Concellería de Cultura organiza, coa colaboración da Asociación de emigrantes senegaleses residentes en Vigo, a exposición "A cultura Africana", que inaugurará o venres 7 de febreiro ás 20 horas na sala de exposicións temporais do Verbum (avenida de Samil, 17); a mostra permanecerá aberta ao público até o 19 de marzo.

Esta exposición conta cunha oferta de visitas escolares gratuítas que, entre outros obxectivos, tenta fomentar unha conciencia intercultural no noso alumnado co achegamento aos múltiples contrastes e diversidade cultural do continente africano.