Escudo Concello de Vigo

Actualidade

TALABARTE + DOMINIQUE MOLARD - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

15-03-2019

Auditorio Municipal do Concello

Horario: 21:00 h

8 €

Concellería de Cultura

FICHA TÉCNICA

Violín: Quim Farinha

Contrabaixo: Kin García

Acordeón diatónico: Pedro Pascual

Percusión: Dominique Molard

 

Despois de moitos anos de explorar diversos escenarios e experiencias musicais, estes tres grandes músicos deciden crear o seu propio proxecto artístico, motivado pola admiración e respecto mutuo, e unidos polos seus instrumentos de madeira e polo modo de ver e entender a música. Os seus nomes van ligados a algúns dos grandes proxectos musicais galegos como Berrogu?etto ou Marful, así como a grandes nomes do jazz como Jorge Pardo, Walter White e moitos outros.

Nesta ocasión súmase ao proxecto Talabarte o grande percusionista bretón Dominique Molard, esencial para entender a música actual do seu país natal en diferentes formacións, xa sexa en solitario ou cos seus irmáns.

Esta será unha oportunidade especial para poder gozar do facer do grupo de músicos que mellor poden representar a variedade e calidade musical destas dúas rexións atlánticas.

Auditorio Municipal do Concello

Teléfono: 986810246

Auditorio Municipal do Concello

Web: http://hoxe.vigo.org/conecenos/a_ayuntamiento.php?lang=gal#/