Escudo Concello de Vigo

Actualidade

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS" (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

15-03-2019

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Horario: 18:00 h

Gratuíto

Concellería de Cultura

Venres  18  de xaneiro de 2019

Venres 15 de febreiro de 2019

Venres 15 de marzo de 2019

En ?Entre arrolos e contiños? os bebés comparten con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Destinatarios:  Bebés dende os 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.

Prazas: 30 bebés por sesión cos seus acompañantes adultos

Inscrición: Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición para cada unha das sesións a partir  das 10.30 h do día 1 do mes da mesma (agás domingos, festivos e luns pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Teléfono: 986267759

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Web: http://bibliotecaneiravilas.vigo.org/