Escudo Concello de Vigo

Actualidade

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN (ACTIVIDADE PARALELA DA EXPOSICIÓN "XULIO VERNE. OS LÍMITES DA IMAXINACIÓN") - (MUSEO MARCO)

Ata o 31-07-2018

MARCO, salas de exposición e Laboratorio das Artes (1 andar) (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)

Horario: Martes, mércores, xoves e venres, de 12.00 a 14.00 (agás mércores 25 xullo)

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo (máximo 40 participantes) - (Posibilidade de reserva anticipada para grupos)

Fundación Marco, coa colaboración da Concellería de Cultura

A partir do martes 3 de xullo, o MARCO retomou a súa actividade educativa coa posta en marcha de obradoiros de verán, dirixidos a público familiar, e que nesta ocasión xiran ao redor da exposición ?XULIO VERNE. Os límites da imaxinación?, a mostra de Fundación Telefónica inaugurada o 19 de abril nas salas da planta baixa.

Dende entón, centos de escolares teñen participado xa nas visitas á exposición, con percorridos guiados e actividades deseñadas específicamente para distintos grupos de idades e ciclos educativos, con especial atención á sección Mobilis in mobili, que ilustra o especial vencellamento de Xulio Verne coa cidade de Vigo. Unha vez finalizado o curso escolar, as propostas céntranse no público infantil e familiar, con posibilidade de reserva anticipada para grupos con necesidades específicas.

Seguindo a estela de Verne, na programación de verán un singular Caderno de Bitácora será o punto de partida para catorce sesións, incluíndo percorridos por salas que poñerán a proba as nosas habilidades e capacidade de observación, seguidos de obradoiros nos que disfrutaremos con múltiples actividades relacionadas co mundo de Xulio Verne e o seu imaxinario: animais fantásticos, escenarios mariños, códigos morse, criptogramas, medios de transporte para todos os gustos, personaxes disparatados, e busca de tesouros agochados nos lugares máis insospeitados? Úneste?

 

Público: infantil e familiar. Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos.

 

 

 

 

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Teléfono: 986113900

MARCO, salas de exposición e Laboratorio das Artes (1 andar) (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)

Web: http://www.marcovigo.com