Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"METRÓPOLE. PERSPECTIVA URBANA DA ARTE GALEGA" - (MUSEO MARCO)

Ata o 14-10-2018

MARCO, salas de exposición do primeiro andar (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)

Horario: INAUGURACIÓN (06-07-18): 20:00 h ? RESTO PERIODO EXPOSITIVO: martes a sábado (festivos incluídos) de 11:00 h a 14:30 h e de 17:00 h a 21:00 h - Domingo de 11:00 h a 14:30 h - Pechado os luns

Gratuíto

Fundación Marco, coa colaboración da Concellería de Cultura

O ciclo ?METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega?, comisariado por Rubén Martínez Alonso, nace cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe como en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unha sala na que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente do Vigo dos anos vinte mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Por outra, a primeira mostra individual do ciclo, que se exhibe nas salas frontais.

XOSÉ MANUEL CASTRO é o protagonista da primeira exposición individual do ciclo. Baixo o título Pedra filosofal, a mostra reúne máis de setenta esculturas de distintos formatos e materiais, na súa maioría procedentes da colección do artista, ademais dunha obra en madeira producida especificamente para este proxecto, acompañada de fotografías a modo de documentación do seu proceso creativo.

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Teléfono: 986113900

MARCO, salas de exposición do primeiro andar (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)

Web: http://www.marcovigo.com