Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"PROGRAMAS ESCOLARES" - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Ata o 30-06-2018

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Horario: Según reserva

Gratuíto

Concellería de Cultura

Cos programas escolares preténdese que tanto o alumnado como o profesorado  se acheguen ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, que permita, dun lado, que o alumnado que participe nas visitas ao centro valore a biblioteca como un lugar de formación á vez que de lecer, e doutro, que o profesorado que o acompañe descubra neste espazo un lugar onde poder atopar recursos educativos útiles para facilitar o desenvolvemento do seu traballo. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, as persoas participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar o seu tempo de ocio.

 

Destinatarios: todos os ciclos do sistema educativo. Os programas para escolares están dirixidos a todos os ciclos do sistema educativo, adaptando os seus contidos a cada un dos niveis.

Aforamento: máximo 30 alumnos/as por grupo. Cada grupo deberá estar acompañado dun mínimo dun profesor/a que se responsabilice do grupo.

Reservas: a través do teléfono 986 26 77 59 ou do enderezo electrónico bpneiravilas@vigo.org

 


PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Teléfono: 986267759

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Web: http://bibliotecaneiravilas.vigo.org/