Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Proceso Público. Proxecto EMAO 2017

Ata o 15-09-2017

Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).

Horario: De 19 a 21 horas, de luns a venres. Agosto pechada.

Esta exposición insírese na programación do Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo) que contempla a realización dun proxecto expositivo singular ao remate do curso académico. Esta proposta racha coa clásica exhibición de traballos individuais do alumnado, para adentrarse no eido da transversalidade e o traballo creativo e artesano en común entre alumnado e profesorado como unha tarefa paralela á propia da aprendizaxe nas aulas e talleres. O resultado que se exhibe ten a súa orixe nas posibilidades expansivas dunha soa idea xeradora (nesta ocasión, "Proceso público") para todas as especialidades da Escola que, de forma aberta, constrúen pezas derivadas e artellan unha montaxe específica para amosalas.

Información xeral

Novas e imaxes sobre a exposición