Escudo Concello de Vigo

Actualidade

EXPOSICIÓN "MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ. EMIGRANTE GALEGO POETA OBREIRO" - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Ata o 25-07-2017

Casa Galega da Cultura (pza. da Princesa 2, 36202 Vigo)

Horario: APERTURA (03-07-17): 20:00 h RESTO PERIODO EXPOSITIVO: de luns a sábado: 18:00 h a 21:00 h; sábados, domingos e festivos: 12:00 h a 14:00 h

Gratuíto

GALICIA DIXITAL, coa colaboración da Concellería de Cultura

A exposición MANUEL RODRIGUEZ LÓPEZ, enmárcase dentro do proxecto do mesmo nome, iniciativa da plataforma en internet GaliciaDigital (www.galiciadigital.com), en colaboración  coa familia do escritor, co impulso do Concello de Paradela (Lugo) e a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

Manuel Rodríguez López, poeta obreiro, emigrante galego, é autor dunha importante obra poética, narrativa e xornalística, foi cronista da actividade dos galegos en Catalunya e foi a ponte que uniu informativa e socialmente aos galegos da emigración cos da terra. A mostra, en oito paneis dobres, ofrece dun xeito moi gráfico, un resumo da vida e obra deste escritor, da súa incidencia social, das relacións con outros destacados escritores galegos e do seu vencello coa terra, para proporcionar unha visión literaria e humana deste magnífico escritor e excelente persoa, que tan grato recordo deixou en todos os que o coñeceron.