Escudo Concello de Vigo

Actualidade

CITA A CEGAS - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Ata o 30-09-2017

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Horario: MAÑÁS: de martes a sábado de 10:30 h a 14:00 h - TARDES: de luns a venres de 17:00 h a 20:30 h (de 18:00 h a 20:30 h do 15 de xuño ao 15 de setembro)

Gratuíto

Concellería de Cultura

Durante os meses de verán a Biblioteca Neira Vilas ofrece a quen o desexe unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. As persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poden levar a casa emprestados, sen saber o que  hai dentro, ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

 

Destinatarios: persoas usuarias da biblioteca.