Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Clausura do programa municipal de escolas deportivas de xadrez

20-05-2017

Concello de Vigo

O programa municipal de escolas deportivas do Concello de Vigo pecha o seu curso de xadrez en plena rúa do Princípe, diante do Marco, este sábado 20.

Os alumnos, dirixidos pola Escola Provincial de xadrez, levarán este deporte á rúa nunha xornada fantástica que será clausurada polo alcalde, Abel Caballero, e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández.