Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS" - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

19-05-2017

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Horario: 18:00 h

Gratuíto

Concellería de Cultura

Venres, 21 de abril de 2017

Venres, 19 de maio de 2017

Venres, 23 de xuño de 2017

 

Os bebés compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Actividades realizadas dentro da programación de Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

 

Destinatarios: bebés dende os 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.

Prazas: 30 bebés por sesión cos seus acompañantes adultos.

Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición para cada unha das sesións a partir  das 10:30 h do día 1 do mes da mesma (agás domingos, festivos e luns pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.