Escudo Concello de Vigo

Actualidade

EXPOSICIÓN ACCESÍBEL "HOXE TOCA O PRADO" - (PINACOTECA FFR)

Ata o 14-05-2017

Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez 8, 36202 Vigo)

Horario: INAUGURACIÓN (24-02-17): 12:00 h RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: martes a venres: 18:00 h a 21:00 h - Sábados: 12:00 h a 14:00 h e 18:00 h a 21:00 h - Domingos e festivos: 12:00 h a 14:00 h

Gratuíto

Museo Nacional del Prado, coa colaboración da Concellería de Cultura, a Fundación AXA e a ONCE

O Museo Nacional del Prado e a Concellería de Cultura presentan a exposición "Hoxe toca o Prado, que se inaugura o venres 24 de febreiro, ás 12:00 h, na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego (r/ Abeleira Menéndez, 8), baixo o patrocinio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE.

A exposición presenta reproducións en relevo dalgunhas das pinturas máis representativas do Museo Nacional del Prado. Son o Noli me tangere, de Correggio; A Gioconda, do taller de Leonardo da Vinci; A Fragua de Vulcano, de Velázquez; O cabaleiro da man no peito, de El Greco; o Bodegón con alcachofas, flores e recipientes de vidro, de Van der Hamen, e A antuca, de Goya. Móstrase tamén a reprodución dunha obra dos fondos municipais do Museo "Quiñones de León\": Santa Cecilia, atribuída a Carlo Dolci.

Unha audioguía ofrece as indicacións necesarias para facer o percorrido táctil das pezas expostas. A exposición conta así mesmo con paneis e cartelas en braille. É, polo tanto, especialmente accesible a persoas con algún tipo de discapacidade visual.

Ademais, ofrécense lentes opacas que impiden a visión para lles facilitar esta interesante experiencia sensorial a todos os visitantes da exposición.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 14 de maio.