Escudo Concello de Vigo

Actualidade

PAZO-MUSEO "QUIÑONES DE LEÓN" DE CASTRELOS - (MUSEO DE CASTRELOS)

Ata o 31-12-2017

Museo Quiñones de León de Castrelos (parque de Castrelos s/n, 36213 Vigo)

Horario: De martes a venres: 10:00 h a 14:00 h Sábados: 17:00 h a 20:00 h - Domingos e festivos: 11:00 h a 14:00 h Luns pechado (incluídos festivos)

Gratuíto

Concellería de Cultura

Está considerado un dos exemplos máis senlleiros de pazo galego. Edificado en 1670 foi obxecto de varias reformas nos séculos XIX e XX que á par de embelecelo transformárono en casa-museo visitable. Un percorrido polas súas estancias, cunha atractiva selección de obras de arte e obxectos decorativos, permite evocar o ambiente aristocrático da mansión a primeiros do século XX, en época dos seus últimos residentes, os Marqueses de Mos e Valladares.