Escudo Concello de Vigo

Actualidade

EXPOSICIÓN "ALÉN DOS XÉNEROS. PRÁCTICAS ARTÍSTICAS FEMINISTAS EN GALICIA" - (MUSEO MARCO)

Ata o 11-06-2017

Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO. Primeiro andar (r/ Príncipe 54, 36202 Vigo)

Horario: APERTURA (27-01-17): 20:00 h RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: Martes a sábados (festivos incluídos): 11:00 h a 14:30 h e 17:00 h a 21:00 h Domingos: 11:00 h a 14:30 h Pechado os luns

Gratuíto

Fundación MARCO, coa colaboración da Concellería de Cultura

Julio Manuel Álvarez Bautista, Xoán Anleo, Lara Bacelo, Katrina Biurrun, Vicente Blanco, Claudia Brenlla, Mónica Cabo, Mar Caldas, David Catá, Salvador Cidrás, Contenedor de Feminismos, Andrea Costas, Carolina Cruz Guimarey, Luz Darriba, Sabela Dopazo Vieites, EDU, El Ama de Casa Pervertida, Félix Fernández, Basilisa Fiestras, Xisela Franco, Celeste Garrido, Ana Gesto, Ana Gil, Roberto González Fernández, Cristian Gradín, Yolanda Herranz, Colectivo LAG, Rebeca Lar, Carmen Llonín, Gema López, LSD, María Marticorena, Chelo Matesanz, Álex Mene, Moona, Carme Nogueira, O.R.G.I.A, Mery Pais, Marta Paz, Uqui Permui, Laura Piñeiro, POST-OP, Mar Ramón, Reme Remedios, Rita Rodríguez, María Ruido, Sara Sapetti, Neves Seara, Sonia Tourón, Peque Varela.

A exposición ALÉN DOS XÉNEROS ofrece unha revisión actualizada das prácticas artísticas feministas que dende os anos noventa en Galicia foron realizadas tanto por mulleres coma por homes. Permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos, como os grupos activistas feministas e LGTBQI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais, Queer e Intersexuais).

ALÉN DOS XÉNEROS indaga na pluralidade de aspectos da arte feminista e dá visibilidade a traballos menos coñecidos, vinculándoos coa obra de artistas máis consagradas/os. A montaxe estrutúrase atendendo a cuestións temáticas e conceptuais, á marxe de criterios cronolóxicos. Divídese en tres bloques temáticos: a relación entre o feminino e o feminista; a revisión da masculinidade; e, por último, os corpos e as sexualidades queer, termo anglosaxón usado como insulto homofóbico e que foi reapropiado dende os feminismos para defender ideas anti-normativas sobre as identidades de xénero. Estas categorías superpóñense entre si; non deben ser consideradas pechadas nin excluíntes, posto que hai artistas que transitan dunha a outra chegando mesmo a abordar os tres eixes.