Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"A CABEZA DO DRAGÓN" DE PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS " (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

21-04-2017

Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)

Horario: 21:00 h

8 €

Concellería de Cultura

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as súas vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata ao Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino.

*Conmemoración do día Internacional do Libro Primeiro Valle-Inclán en galego.

 

Compañía: PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS.

Xénero: farsa fantasiosa.

Autoría: Ramón María Valle-Inclán.

Dirección e adaptación: Quico Cadaval.

Escenografía e deseño de iluminación: Baltasar Patiño.

Deseño de son e música: Javier María López.

Vestiario: Suso Montero.

Coreografía: Iván Marcos.

Elenco artístico: Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos,  Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez.

Público: todos os públicos.

Idioma: galego.

Duración: 85 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- Na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

Horario: De 10 h a 13 h e de 17 h a 20 h de luns a venres / De 10 h a 13 h os sábados

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

PROGRAMA RESUMIDO NO SEGUINTE ENLACE.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.