Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"ACHÉGATE Á INTERNET" PROGRAMA DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

21-03-2017

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Horario: De 10:00 h a 12:00 h

Gratuíto

Concellería de Cultura

Martes, 21 de marzo de 2017

Xoves, 23 de marzo de 2017

 

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de Iniciación I, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información,  formación, e lecer.

 

Destinatarios:  maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática ou Internet.

Prazas:  6 participantes.

 

Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do día  2 de marzo ás 10:30 h. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.