VOLUNTARIOS POR VIGO Oficina Municipal de Voluntariado (OMV)
- Enderezo: Praza do Rei, 1. 36202 VIGO
- Teléfono: 986 810 213
- Páxina web: www.cidadansvigo.org/voluntariado
- e-mail: ofi.voluntariado@vigo.org
O Concello de Vigo pon a disposición da cidadanía a Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) e cumpre coa normativa vixente da Lei do Voluntariado de Galicia 3/2000.
Enténdese como voluntario ou voluntaria toda persoa que serve a unha comunidade ou ao medioambiente por decisión propia ou libre e de xeito desinteresado.
A través da OMV toda aquela persoa interesada en ser voluntaria poderá participar en diversas actuacións como:
- Acompañamento a persoas maiores, menores e discapacitados.
- Medioambientais.
- Eventos puntuais.
- Voluntariado en Entidades de Acción Voluntaria (EAV).
A OMV ofrece formación para que todas aquelas persoas que queiran colaborar, teñan as ferramentas necesarias para unha boa acción de voluntariado.
Esta Web é o primeiro contacto connosco, ofrecerémosche toda a información que necesites sobre o Voluntariado en Vigo e as últimas noticias.
