Oficina virtual: Convocatorias e subvencións
Convocatorias e subvencións
- 06/08/2010: Convocatoria paro o ano 2010 do Programa de Axudas Municipais á creacilón de Empresas no marco do Plan Municipal de Emprego 2008-2011
- 06/08/2010: Convocatorio para o ano 2010 do Programa de Axudas Municipais á contratación, no marco do Plan Municipal de Emprego 2008-2011
- 27/05/2010:
Bases e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na fachada da Ribeira do Berbés.
- 26/05/2010: Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na área de rehabilitación PEPRI do barrio de Bouzas.
- 24/05/2010: Convocatoria e para as subvencións fomento do Asociacionismo e Participación Cidadá para o Ano 2010
- 24/05/2010: Convocatoria e Bases Reguladoras paaa a concesión de subvencións da Concellería de Igualdade a Entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción de muller no ano 2010
- 23/04/2010: Subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2010
- 21/04/2010: Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2009/2010.
- 21/04/2010: Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo pola organización de eventos no ano 2010
- 12/03/2010: Convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais curso 2010-2011
Convocatoria paro o ano 2010 do Programa de Axudas Municipais á creacilón de Empresas no marco do Plan Municipal de Emprego 2008-2011
Data de publicación: 06/08/2010Data de fin de prazo: 06/09/2010
A Xunta de Goberno Local , na súa sesión de data 23 de xullode 2010, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2010 do "Programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de data 6 de agosto de 2010.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día seguinte a data de publicación no BOP ata o 6 de setembro de 2010.
Documentación:
Convocatorio para o ano 2010 do Programa de Axudas Municipais á contratación, no marco do Plan Municipal de Emprego 2008-2011
Data de publicación: 06/08/2010Data de fin de prazo: 15/09/2010
A Xunta de Goberno Local , na súa sesión de data 23 de xullode 2010, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2010 do "Programa de axudas municipais á contratación", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de data 6 de agosto de 2010.
-CORRECCION ERROS APROBADA POLLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL O 23 DE AGOSTO: o PRAZO AMPLIOUSE AO 15 DE sETEMBRO
Documentación:
Bases e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na fachada da Ribeira do Berbés.
Data de publicación: 27/05/2010Data de fin de prazo: 28/06/2010
SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN.
1.-As solicitudes das axudas presentaranse por duplicado, para o seu posterior rexistro no Concello de Vigo, na Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo, sita na Praza da Princesa nº 7 - 1º dta.
A Oficina de Rehabilitación facilitará a información e asesoramento necesario para acceder a estas axudas, de xeito presencial, a través do Tfno. 986442560, do Fax 986442561 ou do e-mail: urb.rehabilitacion@vigo.org.
Documentación:
Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na área de rehabilitación PEPRI do barrio de Bouzas.
Data de publicación: 26/05/2010Data de fin de prazo: 25/06/2010
1. Modelo de solicitude: As solicitudes de subvención presentaranse no modelo que se achega con estas bases.
2.- Presentación das solicitudes: As solicitudes das axudas presentaranse por duplicado, para o seu posterior rexistro no Concello de Vigo, na Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo, sita na Praza da Princesa nº 7 - 1º dta.
A Oficina de Rehabilitación facilitará a información e asesoramento necesario para acceder a estas axudas, de xeito presencial, a través do Tfno. 986442560, do Fax 986442561 ou do e-mail: urb.rehabilitacion@vigo.org.
3. Prazo de presentación.
O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 30 días naturais dende o día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Documentación:
Convocatoria e para as subvencións fomento do Asociacionismo e Participación Cidadá para o Ano 2010
Data de publicación: 24/05/2010Data de fin de prazo: 16/06/2010
1. Modelo e presentación de solicitudes
As solicitudes de subvención presentaranse no modelo normalizado que se achega con estas bases. Os
impresos de solicitude da subvención (anexos) e canta información precise para a súa presentación,
serán facilitados polo Servizo de Información ou ben, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org)
2. Prazo de presentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte a súa publicación no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, podendo presentalas no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou
mediante as demais formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
-Anexo I .Datos Xerais
-Anexo II
-Anexo III.Balance
-Anexo IV Programa I
-Anexo V. Programa II
-Anexo VI. Programa III
-Anexo VII.Programa IV
-Anexo VIII Declaracións
-Anexo IX. Modelos Cartelería
Documentación:
Convocatoria e Bases Reguladoras paaa a concesión de subvencións da Concellería de Igualdade a Entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción de muller no ano 2010
Data de publicación: 24/05/2010Data de fin de prazo: 14/06/2010
1. Modelo e presentación de solicitudes
As solicitudes de subvención presentaranse no modelo normalizado que se achega con estas bases. Os
impresos de solicitude da subvención (anexos) e canta información precise para a súa presentación,
serán facilitados polo Servizo de Información ou ben, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org)
2. Prazo de presentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte a súa publicación no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, podendo presentalas no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou
mediante as demais formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Documentación:
Subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2010
Data de publicación: 23/04/2010Data de fin de prazo: 13/05/2010
Tras a publicación o 23 de abril de 2010 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobada pola Xunta de Goberno local o 12 de abril), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2010.
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 24 de abril ao 13 de maio de 2010, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel tamén nos servizos de Animación Sociocultural e de Información do Concello de Vigo.
Documentación:
Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2009/2010.
Data de publicación: 21/04/2010Data de fin de prazo: 21/05/2010
A presente convocatoria ten por finalidade promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades deportivas sen fins de lucro da cidade de Vigo, sendo a sua finalidade contribuir a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2009/2010.
Destinatarios: Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria.
Financiamento da convocatoria: O financiamento das axudas e subvencións concedidas ó abeiro desta convocatoria, será con cargo á partida orzamentaria para 2010; 4521.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro", por un importe total de 578.500,00 euros.
Documentación:
Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo pola organización de eventos no ano 2010
Data de publicación: 21/04/2010Data de fin de prazo: 21/05/2010
A presente convocatoria ten por finalidade contribuir a financiar os gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos na cidade de Vigo durante o ano 2010.
Destinatarios: Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria.
Financiamento da convocatoria: O financiamento das axudas e subvencións concedidas ó abeiro desta convocatoria, será con cargo á partida orzamentaria para 2010; 4521.489.00.01 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro para a organización de eventos deportivos na cidade de Vigo no ano 2010", por un importe total de 200.000,00 euros.
Documentación:
Convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais curso 2010-2011
Data de publicación: 12/03/2010Data de fin de prazo: 15/04/2010
O Servizo de Educación do Concello de Vigo establece o procedemento para a adxudicación de prazas e formalización de matrículas da Rede de Escolas Infantís Municipais de 0-3 anos.
O prazo de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso establécese do 15 de marzo ao 15 de abril de 2010.
Lista definitiva de admitidos y de espera: (24/06/2010)
Listas de admitidos: (25/05/2010)
- Escola Infantil Municipal Atalaia (Teis)
- Escola Infantil Municipal Costeira (Saiáns)
- Escola Infantil Municipal Santa Cristina (Lavadores)
- Escola Infantil Municipal Santa Marta (Casco vello)
Escola infantil Rúa Palencia
Listas de espera: (25/05/2010)
