|
GA
Escudo Concello de Vigo

Deportes

Noticias Xornal

Lista de noticias

Noticias

15/05/2019. A Travesía a Nado Ardora, nocturna na ETEA, en xuño e coa etiqueta de "proba de excelencia"

Foto noticia
Club Natación Vigo Rías Baixas, Concello de Vigo e Mercado de Teis, organizador aquel e patrocinadores estes, presentaron esta mañá a Travesía a nado Ardora, proba nocturna que por terceiro ano consecutivo elixe xuño, esta vez o sábado 29 (23:15 horas), para que 120 participantes (hai inscrición restrinxida por motivos de seguridade) gocen cun evento "único en Galicia", segundo sinalou Antonio Vázquez, presidente da entidade deportiva. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

13/05/2019. Vigo acolle esta fin de semana a fase de ascenso a División de Honra masculina de balonmán no Pavillón de Navia

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá a fase de ascenso a División de Honra Prata masculina, a segunda categoría do balonmán español, que o polideportivo municipal de Navia acollerá durante a ponte das Letras Galegas (17 ao 19 de maio) (Ver noticia en xornal.vigo.org)

08/05/2019. Vigo terá máximo protagonismo no Rallye Rías Baixas, con tramos no Castro e no monte Alba

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado de Chema Rodríguez, promotor e patrocinador, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, e do piloto Alberto Meira ademais do histórico Beny Fernández, anunciou unha nova edición do Rallye Rías Baixas para o Día das Letras Galegas e o sábado 18 de maio.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/05/2019. A Coruxo móvese chegará o 9 de xuño ao Vao co obxectivo de acadar o milleiro de participantes

Volve o vindeiro 9 de xuño a festa solidaria Coruxo Móvese que patrocina o Concello e que organiza a Fundación Isidre Esteve coa colaboración do Coruxo FC. Visualizar o traballo da fundación en apoio das persoas con discapacidade ou movilidade reducida é o obxectivo desta "iniciativa feliz que polas súas características é unha cita especial polo que significa de deporte e diversión, de alegría e de integración", explicou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na presentación do evento. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

03/05/2019. A carreira Holi Life volve a Vigo cun chamamento en defensa da igualdade

Foto noticia
O evento lúdico-deportivo celebrarase o vindeiro 12 de maio (11:00 horas) en Samil e contará coa novidade da Holi Land, unha zona con inchables, canóns de escuma de colores e diferentes obradoiros. A proba foi presentada este venres no Concello de Vigo coa presenza do alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

03/05/2019. Concello e Diputación convenian a colaboración co World Padel Tour en Vigo

A Xunta de Goberno do Concello aprobou o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a promoción do World Padel Tour en Vigo. Ambas institucións achegan un total de 139.000 euros ao evento deportivo que pretende, tamén, a promoción turística da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

02/05/2019. O Concello adxudica medio millón de euros a doce clubs de deporte de base

Foto noticia
O Concello deu luz verde a doce convenios de colaboración con outros tantos clubs deportivos de base por importe de case medio millón de euros. O alcalde asinou estes acordos hoxe xoves cos responsables das distintas entidades.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

02/05/2019. Bouzas, centro de reunión do kárate infantil vigués este sábado coa súa festa anual

Foto noticia
O pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas, recibe por décimo ano consecutivo a Festa Infantil do Kárate, que este sábado (17:00 horas) reunirá a 280 deportistas, dende categoría benxamín a xuvenil, na súa anual competición por equipos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

30/04/2019. Os oito mellores equipos do país, no Campionato de España xuvenil feminino de balonmán en Candeán ata o domingo

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá no Concello o Campionato de España de balonmán xuvenil feminino, cuxa fase final vaise a disputar no Pavillón Municipal de Candeán dende este mércores 1 de maio ao domingo 5. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

26/04/2019. O Concello de Vigo abre o prazo para solicitar subvencións aos clubs de deporte de base

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este venres as bases para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a temporada 2018/19. Trátase de achegas para as actividades de deporte de base dos clubs e agrupacións deportivas da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
Noticias Xornal

Últimas noticias municipales