Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"A SAIA DA RAÍÑA" - (CASA DAS ARTES)

Ata o 28-10-2018

Casa das Artes. Planta primeira (rúa Policarpo Sanz 15, 36201 Vigo)

Horario: INAUGURACIÓN (25-09-18): 20:00 h ? RESTO PERIODO EXPOSITIVO: luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h ? Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h

Gratuíto

Concellería de Igualdade, coa colaboración da Concellería de Cultura

Baixo a produción de Rita Más Ybáñez (directora de PAPUXA. Comunicación), ?A SAIA RAÍÑA" é unha exposición de testemuños audiovisuais, coa intención de dar voz a quen non fora escoitada e mantivo ao noso lado un costume, que polo menos, desvela novamente a desigualdade existente entre homes e mulleres, tanto no acceso á cultura, ás festas e participacións sociais, como no status persoal e mesmo no dereito a manifestar os sentimentos.

Esta mostra non é soamente unha exposición fotográfica nin audiovisual por cuestión das artes plásticas, é unha testemuña de mulleres, unha mostraxe da nosa historia recente, da nosa cultura e costumes sociais e das desigualdades acontecidas e narradas polas súas propias protagonistas. As protagonistas son mulleres galegas que continúan enloitadas no século XXI e falan das súas vivencias dende nenas. Son mulleres que por costume social, imposición moral ou crenza relixiosa tiveron que gardar loito temporalmente, e tamén durante toda a súa vida. Son mulleres que non asistían a festas, romarías e outras manifestacións pois o loito as deixaba excluídas.

As gravacións foron recollidas percorrendo as nosas aldeas, municipios, parroquias e cidades en Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra, desde o ano 2006 ao 2018. Moitas das fotografías e vídeos, parecen pertencer a tempos afastados da nosa tecnoloxía, dos avances e de todas as nosas innovacións.

O dó axuda a superar a grande ausencia dos seres queridos, pero non é fácil entender como as avoas, as tías, as irmás, as fillas, e as nais galegas, eran criticadas cando rompían o costume de gardar loito para poder exercer a liberdade de elixir a cor das súas vidas.

Casa das Artes

Teléfono: 986439525

Casa das Artes. Planta primeira (rúa Policarpo Sanz 15, 36201 Vigo)

Web: http://www.vigocultura.org/es/museos