Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Rede de mulleres veciñais contra os Malos Tratos

  • Enderezo: rúa Oliva, 12. 36202 Vigo.
  • Teléfono do local: 986 222 328.
  • Teléfono de Atención ás Vítimas: 606 929 137.

Grupo de mulleres veciñais de Vigo cuxa actividade principal consiste en prestar atención, apoio e acompañamento ás mulleres no proceso de concienciación e ruptura coas situacións derivadas dos malos tratos.

Acceso ao servizo: Vía telefónica ou acudindo ao local da asociación.

Actuacións xenéricas de apoio ás vítimas dos malos tratos:

  • Denuncia da violencia.
  • Escritos e publicacións en prensa.
  • Presenza na rúa, en xuízos, en xornadas e actos públicos.

Actuacións concretas de atención, información e acompañamento ás mulleres vítimas dos malos tratos:

  • Actuacións nos casos de xuízos.
  • Entregas e recollidas de fillas e fillos.
  • Acompañamento en hospitais ou ante a policía
  • Acompañamento nos casos derivados polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
  • Derivación ao servizo pertinente dos casos que requiran axudas de carácter técnico e/ou profesional.